HomePolíticaUnha nova pasarela no lugar da Barca, demanda dos socialistas de Sober

Unha nova pasarela no lugar da Barca, demanda dos socialistas de Sober

Os socialistas de Sober defenderán unha moción no vindeiro pleno coa que reclaman a construción dunha pasarela peonil que cumpra os requisitos de seguridade operatividade e adecuación medioambiental na desembocadura do rio Cabe no Sil.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os socialistas piden que o paso peonil que une o lugar da Barca, onde hai un miradoiro feito polo Concello, unha zona que é moi visitada, “consideramos adecuado a substitución desta vella pasarela por outra moderna e segura”.

Ademais, nesta mesma sesión plenaria a Agrupación Socialista de Sober preguntará ao Goberno Local polo acondicionamento de parcelas e camiños municipais abandonados e desatendidos. “Queremos coñecer as explicacións do Goberno de Sober sobre o adecentamento do tramo do Camiño Real que vai desde a Lama dos Campos ata Millán, ou os espazos sen rozar en Rosende como o campo da festa, a lama do Sobrado, da Costa, a da Besida, de Outeiro e a Lama dos Campos”.

Ademais demandan que se inclúa no plan de camiños municipais os accesos da Deusa e Cerexeido para a súa pavimentación, e que se asfalte a pista que percorre A Veiga de Bulso co pobo das Ascasas de Santiorxo. Por último preguntarán tamén pola acumulación de recibos municipais que o Concello está realizando á veciñanza, “xa que están pasando o cobro dos recibos atrasados o que esta ocasionado moitas queixas”, advirten.

ÚLTIMAS

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...