HomePolíticaInterior Galego Vivo contra os novos impostos da auga

Interior Galego Vivo contra os novos impostos da auga

A Xunta de Galicia pretende aprobar dúas novas taxas que van afectar a factura da auga. Trátase de dous canons incluídos no Anteproxecto de lei para a xestión integral do ciclo da agua.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo a plataforma IGV, a nova lexislación castigará máis ás persoas consumidoras domésticas, “nomeadamente a quen teña un consumo máis baixo que, polo xeral, son fogares máis humildes. Contodo, contémplanse bonificacións de 50% para familias numerosas e fogares en risco de exclusión social, mais dende Interior Galego Vivo sostemos que para estas últimas moradas deberían ser do 100% as bonificacións. Estimacións de profesionais do sector sitúan a suba do recibo en 180% na auga dos fogares e 130% no caso das empresas.”

Así, as candidaturas integradas na Plataforma Interior Galego Vivo proporán nos municipios mocións que pretenden sacar adiante os seguintes acordos:

1.- Demandar do Goberno da Xunta a paralización do Anteproxecto de lei para a xestión integral do ciclo da agua e a súa tramitación desde o diálogo social e incorporando os principios de proporcionalidade e progresividade fiscais.

2.- Elevar á Xunta a exixencia de saneamento e depuración axeitadas nas parroquias do rural para o que son necesarias maiores dotacións e destinar parte dos gravames recadados por Augas da Galiza no municipio, de ser o caso.

3.- Instar ao Goberno galego a deseñar un plano para toda Galiza, a comezar polo interior galego e os concellos e parroquias atinxidos por figuras de protección como a de Reserva de Biosfera, para dotar con carácter urxente de sistemas de depuración de augas residuais e saneamento a estes territorios.

4.- Solicitar apoio da FEGAMP na defensa destes acordos, así como pór os mesmos en coñecemento dos concellos adheridos por se quixesen apresentar solicitudes análogas.

ÚLTIMAS

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...