HomePolíticaO PP levará ao Senado a perda de internet e teléfono no...

O PP levará ao Senado a perda de internet e teléfono no Courel

O PP da provincia de Lugo levará ao Senado a perda de servizos de comunicacións fixas -teléfono e internet- en Folgoso do Courel, tralo anuncio do peche da central de cobre por parte de Movistar, que lle dá servizo ao municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo os populares, moitos veciños perderán os números de teléfono de toda a vida “e que, nalgúns casos, son o seu único medio para comunicarse con familiares e servizos sanitarios. A perda de conexión a internet tamén incrementará a fenda dixital para os veciños da zona”.

A operadora Movistar ofrece aos veciños establecer conexión de fibra óptica -que non chega a moitos dos lugares máis apartados do municipio-, por ondas de radio ou por satélite -que tampouco chegan a moitas aldeas-. Polo tanto, “ningunha das tres opcións é válida”, explican os senadores populares.

O peche da central de cobre que dá servizo ao concello de Folgoso do Courel por parte de Movistar ten que ver coa primeira fase do Plan de Telecomunicacións do Estado para instalar fibra óptica, segundo sinalan desde o PP, “pero o Goberno central parece descoñecer ou non importarlle que para moitos lugares da xeografía española, como é o caso do Courel, a rede de cobre é, polo momento, a única opción viable”. Estas cuestións serán levadas ao Senado para que non se sigan perdendo estes servizos.

ÚLTIMAS

Chantada celebra o 14 de febreiro o Desfile de Comparsas con 6.000€ en premios

O Concello de Chantada, co obxectivo de promocionar e conservar as tradicións vinculadas co...

Quiroga abre o prazo para participar no concurso de carteis que anunciará a Feira do Viño

O tema central do cartel será a Feira do Viño de Quiroga, reflectindo a...

155.000€ para impulsar 18 comercios da zona sur da provincia

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes algúns dos...

DOCE SONS: 12 concertos para 12 causas dinamizando a Comarca Quiroguesa

O 24 de xaneiro comeza un ciclo de 12 concertos anuais (DOCE Sons), un...