HomePolíticaO PP de Monforte pídelle ao concello controlar a velocidade á altura...

O PP de Monforte pídelle ao concello controlar a velocidade á altura de Piñeira

Os populares visitaron recentemente a zona e recolleron as queixas dos veciños do lugar sobre os coches sobrepasando o límite recomendado, co perigo que iso conleva.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Partido Popular pedirá no vindeiro pleno municipal un maior control de velocidade na entrada de Monforte pola parroquia de Piñeira dende o municipio de Sober. Solicitará que este control se efectúe coa instalación dun radar ou de pasos elevados, como así se realiza noutras zonas da cidade.

Deste xeito, Katy Varela, indica que tamén pedirán un paso de peóns á altura do cruce no que se atopa o centro social, “pois non existen en boa parte do tramo e ocasiona unha maior perigosidade aos usuarios”.

Argumenta, ademais a voceira do PP monfortino, que a colocación deste elemento é máis necesaria se cabe se se ten en conta que, nesta parroquia, se inicia a estrada provincial LU-P 3201 que chega ao lugar de Guntín, e na que existe un carril bici que, “na actualidade, está nun estado desolador, con maleza que cubre completamente un dos carrís”.

ÚLTIMAS

Novas titulacións e formación para todas as idades na Aula Universitaria da UNED en Monforte

Integrada no Centro Asociado da UNED en Lugo, a Aula Universitaria da UNED en...

José Tomé levará ao pleno do 26 de outubro a licitación do PXOM, “o documento máis importante para Monforte desde hai máis de 40...

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, anunciou este xoves que levará...

192.000€ para e mellora de varias rúas en Chantada

O Concello de Chantada dispón dun plan de asfaltado para rexeneración de vías nas...