HomePolíticaMuseo da Labranza, unha homenaxe á xente loitadora do Courel

Museo da Labranza, unha homenaxe á xente loitadora do Courel

Courel Vivo leva a pleno a proposta de crear un Museo da Labranza, como unha homenaxe ou dedicatoria a ducias de xeracións que se adicaron á labranza, o que marcou o medio de vida e o carácter de toda Galicia e, en especial do Courel, sinalan.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Moita xente é recolledora de sabedoría e de utensilios que xa están en desuso no Courel, pero Courel Vivo considera que non se debe esquecer nin deixar que se perda toda esa tradición de patrimonio material e inmaterial.

Unha destas persoas que se adicou, e adica parte da súa vida a recolleitar e aprender cousas antigas, é Xan de Vilar. Polo que desde CV consideran que unha posibilidade é dar o seu nome a dito museo.  

“O problema que teñen as coleccións que hai no Courel é que están en lugares privados e pode que nun futuro deixen de estar accesibles para a xente, mesmo que se poidan vender para fóra do Concello”, isto leva a Courel Vivo a pensar na opción de Museo da Labranza, que se ubicaría nun local do concello onde se  recollan tanto pezas antigas que a xente doe , como vídeos e outro material que reflicta ó que foi o o traballo e festas noutras épocas .

CV propón para a súa ubicación a escola de Eiriz para albergar as coleccións que se puidesen obter, ou no seu defecto se busque outro emprazamento.

ÚLTIMAS

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...