HomePolítica"4 meses sen solucións no derrubamento da estrada do Courel", din os...

“4 meses sen solucións no derrubamento da estrada do Courel”, din os socialistas e os populares defenden a axilidade da Xunta

O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, asegurou que o Goberno do PP na Xunta ten completamente esquecidos ós veciños e veciñas da Montaña e do conxunto da provincia, “xa que preto de catro meses despois do derrubamento da estrada LU-651, que une Folgoso do Courel e Quiroga, nin deu explicacións, nin aportou solucións, nin alternativas”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante o encontro que Tomé Roca mantivo na zona afectada con representantes institucionais e cargos orgánicos do Partido Socialista na provincia, lembrou que a estrada derrubouse o pasado 20 de marzo e quince días despois a Xunta “dábase unhas semanas para decidir como reconstruír a estrada, dicía que non podía dar prazos ata ter un estudo xeotécnico, pero que, en todo caso, ía estar pechada ó tráfico un ano e medio”.

Case catro meses despois do afundimento, recalcou, a Xunta “non explicou que estudos se fixeron, nin as causas do sucedido, non ten feito o desvío provisional, non informou de nada ós veciños, nin ós concellos, nin á Deputación, e non ten marcada a alternativa definitiva, máis segura e viable”.

Ante esta situación, José Tomé reclamou que “se abra xa o desvío provisional e que se poñan traballar na reconstrución da estrada LU-651”, e pregúntase “onde está o PP para pedir á Xunta que actúe cando antes. Estamos diante dun exemplo claro da dobre vara de medir do PP. Fai esixencias que non practica, pedindo todas as presas ó Goberno do Estado no caso do viaducto da A-6 e arrogándose toda a calma para arranxar a súa estrada no Courel, cando a complexidade do problema non ten nin punto de comparación”, subliñou o Secretario Xeral dos socialistas na provincia.

A situación que vive O Courel é, tamén, “unha mostra máis do abandono total da Xunta ó rural. Co Partido Popular temos menos médicos, menos mestres, menos escolas, menos industria e, agora, menos estradas. Iso si, temos máis débeda pública, sen que saibamos onde gastan o diñeiro”, sinala.

O PP defende a transparencia e axilidade da Xunta de Galicia para dar solución ao derrubamento

Pola súa banda o Partido Popular defende a transparencia e axilidade da Xunta de Galicia para dar solución ao derrubamento da estrada de O Courel. “Hai que salientar que a administración autonómica, desde o primeiro momento, puxo enriba da mesa posibles alternativas para solventar o problema, de modo consensuado co concello”, afirman os populares

As obras de acceso provisional a Folgoso do Courel co fin de restituír o tráfico na estrada LU-651, aseguran desde o PP que estarán finalizadas en poucas semanas. O investimento da Xunta de Galicia nesta obra de emerxencia que se está executando é case 1 millón de euros.

Aseguran que desde a Xunta de Galicia primeiro declarouse a emerxencia para poder executar unha actuación que solventase o problema coa máxima axilidade posible, “ofrecendo unha solución rápida e segura, que é a que se está executando e que estará finalizada en poucas semanas; e despois traballando para ver a mellor alternativa que permita dar solución definitiva ao problema.”

Desde as filas populares piden ao secretario xeral socialista “que non utilice a O Courel ao seu antoxo cando, ademais, na estrada LU-P-1301, competencia da Deputación de Lugo da que é presidente José Tomé, o único que foi capaz de facer é pavimentala cando é totalmente necesario unha reforma integral da mesma (corrixir curvas, ampliar a anchura da estrada) para que non dificulte o paso ao vehículos grandes, autobuses, camións…”

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...