HomePolíticaA Comisión Europea considera que non se cumpren os requisitos para a...

A Comisión Europea considera que non se cumpren os requisitos para a protección do Courel, asegura Courel Vivo

A Comisión Europea considera que o plan director da Xunta para xestionar os espazos protexidos da Rede Natura 2000 "non cumpre os requisitos" da directiva comunitaria para a conservacións deses lugares, entre outros na "zona Ancares-Courel".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde Caurel Vivo afirman que levan anos denunciando que a Xunta de Galicia non cumpre co Courel en materia de medios de prevención, extinción e políticas forestais axeitadas. “Desde o Concello non se nos escoitou cando solicitabamos máis medios de prevención, mellor distribución de brigadas, máis puntos de carga de auga nin tan sequera tralos lumes se quixo lexislar para afastar os piñeiros dos núcleos. Tralos lumes, todo a veciñanza notou  as eivas e a neglixencia e falta de previsión e as súas consecuencias”, sinalan desde CV.

Agora esta formación política congratúlase de que a Comisión Europea teña en marcha un procedemento de infracción “pola falta de fixación de obxectivos de conservación suficientemente detallados e pola falta de medidas de conservación”, segundo detalla a Comisión Europea.

Sendo a Comisión Europea a que anunciou a apertura dun procedemento de infracción contra o Plan Director da Rede Natura elaborado pola Xunta, desde CV pregúntanse “se o PP do Caurel saíra de novo salvando a imaxe da Xunta ou apoiando as xentes do Courel.”

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...