HomePolíticaO concelleiro popular en Quiroga, José Luis Rivera, amósase sorprendido polo mutismo...

O concelleiro popular en Quiroga, José Luis Rivera, amósase sorprendido polo mutismo respecto da súa dimisión

José Luís Rivera Castro, concelleiro popular durante case 20 anos, amósase sorprendido pola falta de información pública do Concello de Quiroga respecto da súa dimisión, xa no mes de maio deste ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A súa andaina como concelleiro comezou nas eleccións municipais do ano 2003 no que concorreu por primeira vez na candidatura do Partido Popular de Quiroga acadando unha acta como Concelleiro, ata a súa dimisión ocupou distintas responsabilidades no ámbito municipal chegando a ser Tenente de Alcalde.

Rivera é unha persoa coñecida na vila, traballou nun banco durante máis de 30 anos e forma parte da vida cultural de Quiroga como responsable da Agrupación de Gaitas dende 1992. Tamén participou activamente na organización das festas locais durante 40 anos e é un dos precursores da Feira do Viño creada en 1983.

O motivo da dimisión, segundo aclarou o xa ex-concelleiro, “foi por unha banda a falta de confianza no Alcalde e por outra a imposibilidade de convivir e sacar proxectos adiante para o municipio”, asegura.

Esta última dimisión únese a da Ex-Tenente de Alcalde producida o pasado ano. As dúas dimisións de membros do Goberno en 2 anos quedaron fora do foco público, e tardouse máis de 3 meses en dar conta ao Pleno da Corporación da dimisión.

A día de hoxe aínda non se cubriu o posto que deixou baleiro no mes de maio Rivera no Pleno Municipal. Preguntado polo futuro, Rivera apuntou que “este non é nin moito menos un punto e final na miña vida política, teño moito que aportar, Quiroga é o meu pobo e continuarei traballando para melloralo”.

ÚLTIMAS

O sector do Porco Celta ante a ameaza da peste porcina africana

A peste porcina africana (PPA), sen ter chegado aínda a moitos territorios, está a...

O pleno de Monforte vota este luns a dimisión de Tomé como alcalde

O pleno de Monforte de Lemos debaterá este luns a dimisión de José Tomé...

Tres proxectos da Deputación de Lugo potenciaron este 2025 o turismo sostible

A Deputación de Lugo potenciou este 2025 os encoros, o románico e as viaxes...

Oferta teatral para esta tarde en Taboada e Quiroga

O Concello de Taboada organiza na tarde deste domingo 28 de decembro unha obra...