HomePolíticaMellora de instalacións deportivas municipais e recibir a documentación de control en...

Mellora de instalacións deportivas municipais e recibir a documentación de control en tempo e forma, demandas de Esperta Monforte

Esperta Monforte presenta ao pleno deste luns unha moción para que o concello destine fondos e recursos públicos á mellora de instalacións e servizos públicos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esperta Monforte asegura que hai instalacións deportivas municipais que requiren de melloras mentres o concello financia actuacións en centros privados como o campo de fútbol do CP Calasancio. Entre as necesidades que detecta Esperta destacan:

  • Na pista de atlestismo non se poden celebrar competicións oficiais por non ter as medidas regulamentarias.
  • Hai campos de fútbol municipais como o das Lamas, que poderían utilizarse para uso da cidadanía de ser arranxados.
  • A piscina municipal necesita de forma urxente unha profunda reforma.
  • Necesidade dun almacén para que as/os participantes en competicións internacionais garden o seu material.

Esperta Monforte tamén presenta un rogo e unha pregunta a este pleno, interésanse por se se vai a inaugurar a obra do elevador do pavillón da Pinguela antes das eleccións.

En canto ao rogo inciden en que a alcaldía debe de garantir que a oposición reciba a documentación solicitada en tempo e forma para facilitar a labor de control.

ÚLTIMAS

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...