HomePolítica"Estase poñendo en risco a saúde dos galegos e das galegas", asegura...

“Estase poñendo en risco a saúde dos galegos e das galegas”, asegura Pontón na visita ao Hospital de Monforte

Pontón denunciou que os recortes do Goberno do PP nos últimos 13 anos "están poñendo en risco a saúde dos galegos e das galegas" ao situar en situación de colapso o sistema sanitario galego "con decisións que claramente están debilitando a sanidade pública para beneficiar á privada". Reclama a cobertura de vacantes no hospital de Monforte e solucións para o deterioro da sanidade pública na comarca.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A portavoz nacional, Ana Pontón, reclamou en Monforte ao Goberno do PP solucións para o deterioro que vive a sanidade pública na comarca de Lugo sur e que tamén afecta ao hospital comarcal, do que, despois dunha reunión coa súa xunta de persoal, denunciou “a falta de recursos e profesionais en todas as categorías dun centro hospitalario no que as listas de espera subiron dende a pandemia un 35% para as e os pacientes que agardan por unha operación e un 50% para as persoas que esperan cita co seu especialista.”

Reunión Xunta de Persoal / BNG

A líder nacionalista avanzou que o BNG vai seguir denunciando os recortes do Goberno do PP e reclamando “solucións para que se cubran todas as prazas vacantes en toda a área sanitaria e todos os especialistas neste hospital” que, segundo advertiu, xa non pode prestar moitos dos seus servizos e vese na obriga de derivar pacientes a Lugo ou ao Barco de Valdeorras.

“Todo isto provoca que en vez de contar cunha atención sanitaria máis próxima, o que fai o PP é alonxar máis á cidadanía da atención sanitaria”, afirmou logo de participar na concentración simbólica en defensa dos servizos da sanidade pública na comarca, á que tamén asistiron o portavoz municipal, Emilio J. Sánchez, o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Luís Maceda, a deputada Carme Aira e outros responsables locais e comarcais.  

“Nos últimos 13 anos a Atención Primaria viu como se lle quitaban 2.000 millóns de euros, que non se investiron nela, como se recortaba en persoal, con taxas de reposición que claramente debilitaron o noso sistema público, e como se precarizaban tamén as condicións laborais das e dos profesionais”, incidiu para explicar as listas de espera para acudir ao médico ou médica de cabeceira, o recorte de pediatras ou o déficit de persoal no hospital comarcal de Monforte.

Sanidade Pública, Pontón en Monforte / XdL

A portavoz do BNG fixo un chamamento ao PP para que, no marco do próximo debate orzamentario, “se descabalgue da soberbia e teña disposición para negociar máis recursos para a sanidade pública”. Neste sentido, recordou as alternativas que o Bloque pon enriba da mesa e entre as que citou un plan de 200 millóns de euros para reforzar a Atención Primaria e outro de 50 millóns para crear novas especialidades, por exemplo, en saúde mental, ámbito que concentra o 30% das consultas na Primaria.

Ao seu xuízo, son dúas medidas “que se poden levar adiante se hai vontade política, pero o problema que temos é que o PP está convertido nun partido que quere demoler a sanidade pública deste País”, polo que recalcou en que o Bloque vai seguir “defendendo con unllas e dentes” a sanidade pública e reclamando solucións “porque é evidente que temos un problema grave que non pode repercutir na saúde da xente”, concluíu.  

Sanidade Pública concentración / XdL

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...