HomePolíticaCarlos Armesto repite na dirección do PP do Saviñao, que nomea ao...

Carlos Armesto repite na dirección do PP do Saviñao, que nomea ao exalcalde, Joaquín González, presidente de honra

O alcalde, Carlos Armesto Quiroga, repite na presidencia do PP de O Saviñao como resultado do congreso celebrado onte pola tarde-noite polo Partido Popular cunha candidatura única e “con máis mulleres e xente nova”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Do congreso participaron, entre outros membros da dirección provincial, o coordinador xeral e portavoz, José Manuel Balseiro, e o secretario xeral, Javier Vázquez Nodal. Desde a dirección provincial agradecen o compromiso da agrupación local e a implicación por impulsar o municipio e aos seus veciños. Ademais destacan a solidez do equipo de traballo e o bo resultado nas últimas eleccións municipais “grazas a un proxecto firme e consistente.”

O equipo de traballo co que contará o PP do Saviñao contará con Joaquín González González, que foi alcalde durante 28 anos no municipio e “agora ratificamos o seu posto” como presidente de honra. Armesto explica que “intentamos que na xunta directiva teña un maior peso as mulleres” e por iso a secretaría xeral quedará en mans da concelleira e segunda tenente de alcalde, Beatriz Rois Castro. Pola súa parte “a secretaría xeral da muller recae na concelleira de rural Maika, asumindo un protagonismo especial.” A nova directiva conta con 14 vogais.

“Intentamos que tivera cabida tamén a xente que realmente ten unha implicación co Concello e por iso vai a haber representación dos pedáneos das parroquias. Van a estar os concelleiros do partido que tiveron unha magnífica implicación durante a lexislatura” di o presidente do PP do Saviñao.

“Vamos a ter oito mulleres na directiva e xuventude. O equipo de traballo está composto de xente sobradamente cualificada, captamos talento con currículums excelentes” apunta Carlos Armesto. O obxectivo do grupo é seguir esforzándose polos veciños e traballar por aumentar o apoio de todo o municipio nas próximas eleccións municipais.

ÚLTIMAS

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...