HomePolíticaEsperta Monforte leva a pleno a remunicipalización da piscina climatizada

Esperta Monforte leva a pleno a remunicipalización da piscina climatizada

Esperta Monforte presenta tamén un rogo para convocar reunión urxente do Consello Municipal de Saúde e posteriormente entrevistarse coa xerencia do Hospital Comarcal para mellorar a situación da falta de especialistas. E pregúntanlle ao concello se estaría disposto a estudar a posibilidade de rebaixar o imposto de circulación nos vehículos eléctricos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esperta Monforte presenta ao pleno que se celebra este luns a remunicipalización do servizo prestado na piscina cllimatizada e das demais instalacións e pistas de tenis da Pinguela. Lembran que no 2020 un informe muncipal abordaba o “precario estado” de conservación das instalacións. Daquela extinguíase o contrato de xestión coa concesionaria por incumprimentos do mesmo e entraba a xestionala Tragsa.

Esperta Monforte asegura que despois de dous anos daquela situación non se melloraron aquelas deficiencias e insiste na falta de rendibilidade do servizo “que lle supón á veciñanza ao redor de medio millón de euros ao ano mentres que os ingresos non chegan aos 200.000 euros anuais”

“Resulta chamativa a pouca preocupación do equipo de goberno en manter e conservar o bo estado das instalacións deportivas municipais máis importantes da nosa cidade”, aseguran.

ÚLTIMAS

Este 16 de maio comeza o “Descubrir Quiroga” percorrendo o Camiño de Inverno

Este xoves o concello de Quiroga presentaba o programa que comeza xa coa súa...

En marcha as obras da estrada provincial que une Chantada e Os Peares

A actuación permitirá acondicionar un total de 23 quilómetros de vía, concretamente entre os...

O Concello de Chantada mellora a limpeza das beirarrúas

O Concello de Chantada a través da concellaría de Infraestruturas Urbanas coordina o comezo...

Sarria Bikers, a concentración moteira de Sarria celébrase do 15 ao 17 de maio

A Xunta renova o seu apoio á concentración moteira organizada polo club Sarria Bikers,...