HomePolíticaO BNG reclama ao Goberno do Estado actuación urxente na N-120 entre...

O BNG reclama ao Goberno do Estado actuación urxente na N-120 entre Ourense e Valdeorras

Os nacionalistas piden mellorar o estado do firme e garantir a seguranza viaria do que é a principal vía de comunicación para milleiros de persoas nesta parte das provincias de Lugo e Ourense.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Néstor Rego lembra que a organización nacionalista ten rexistrado numerosas iniciativas no Congreso para que o Goberno actúe de maneira urxente para mellorar o estado do firme e, polo tanto, a mellora da seguranza viaria da estrada. “Os sucesivos gobernos do Estado, fosen do PP ou do PSOE, abandonaron esta infraestrutura durante anos en que foron incrementando o número de puntos negros e o número de fochancas” denuncia o deputado do BNG.

A frente nacionalista ten rexistrado emendas durante a tramitación dos tres últimos proxectos de Orzamentos do Estado para 2021, 2022 e 2023 mediante as que se reclamaba unha dotación económica específica e suficiente para acometer unha actuación integral na N-120, “mais os partidos que compoñen o Goberno do Estado, PSOE e UP, votaron sistematicamente en contra.”

O deputado nacionalista apunta a existencia de varios puntos negros na estrada que precisan dunha actuación inmediata, como entre os quilómetros 507 e 510, no quilómetro 442 en Biobra, nas proximidades da ponte de Augas Mestas; no Canaval, xusto antes de comezar a subir o Alto de Guítara, o traxecto entre Quiroga e A Pobra do Brollón, o tramo entre Monforte e Ferreira e, en especial, o tramo entre Campo Rairo e Canaval no Concello de Sober.

ÚLTIMAS

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra na Asociación de Ecoturismo en España (AEE)

A incorporación á AEE permitirá ao Consorcio sumar esforzos cunha rede estatal especializada en...

Os senadores populares denuncian “unha parálise de case 3 anos” na N-120

Os populares explican que “se ben é certo que o Executivo confirma que están...

Deloreans nas Festas de Nadal de Monforte

O rexedor acudiu ao concerto acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada; o Concelleiro de...