InicioPolíticaO BNG denuncia en Bruxelas a discriminación das comarcas do sur de...

O BNG denuncia en Bruxelas a discriminación das comarcas do sur de Lugo e a “mala praxe do PP na xestión de axudas”

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, e a delegación do sur de Lugo desprazada a Bruxelas denunciaron en rolda de prensa a discriminación das comarcas do sur de Lugo. Segundo apuntou Miranda, padecen un problema estrutural e demográfico, “que debe ser paliado”, un problema económico, “xa que non se apoia ós seus sectores”, un problema de accesibilidade, “pola falta de conexión da banda ancha que impide tamén o crecemento económico”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A delegación galega desprazada á Eurocámara participou na conferencia “Retos demográficos, económicos, sociais no sur de Lugo” e mantivo diversos encontros coa Comisións Europea, en concreto coa Dirección Xeral de Política Estrutural e coa Dirección Xeral de Agricultura, trasladando  a discriminación que viven as comarcas do sur de Lugo, “que teñen que vir a Europa a defender as súas preocupacións”.

“É moi importante recibir en Bruxelas ás nosas comarcas, a nosa xente, de todas as localidades, onde tanto traballades, porque é unha fonte de orgullo”, manifestou Ana Miranda, quen asegurou que Europa está dando mensaxes para combater o problema demográfico, para combater as cuestións relacionadas cos problemas económicos “e resulta que en Galiza non lles importa”. Ao respecto, explicou que, segundo acaba de saber, a Comisión Europea acaba de preguntar á Xunta de Galicia pola xestión das axudas á produción ecolóxica grazas a pregunta presentada polo BNG o pasado 26 de decembro, “que senón non saberían do problema”. Na pregunta parlamentar poñíase en coñecemento da Comisión que no ano 2022, só foron presupostados en Galiza 3,18 millóns de euros en axudas, cando serían necesarios 5,6 millóns de euros para poder cubrir el total de solicitudes presentadas, o que deixou sen asistencia o 43% dlas hectáreas solicitadas.

Un dos afectados pola mala praxe da Xunta pola xestión das axudas da produción ecolóxica, Roi López Carmona, agradeceu a Ana Miranda a posibilidade de vir a Bruxelas en nome da Plataforma de Produtores de Ecolóxico de Galiza. “É triste que as altas instancias da Unión Europea nos reciban antes que o conselleiro”, salientou López en relación ao encontro que mantivo (xunto a Rosana Prieto e Xosé Lois Maceda)  con Alfonso Gutiérrez, líder do equipo de coordinación no sector do viño da Dirección Xeral de Agricultura da Comisión Europea. “Teñen que vir desde Europa a tirar das orellas do conselleiro e o seu equipo de traballo polo que non é capaz de facer”, sinalou, ao tempo que asegurou que desde a Plataforma non van renunciar as axudas correspondentes a 2022.

A concelleira en Pantón e responsable comarcal do BNG, Rosana Prieto sinalou que os déficits estruturais-, son comúns ás comarcas representadas nas xornadas de traballo celebradas en Bruxelas, -Chantada, Monforte de Lemos e Quiroga-. “Si hai encaixe para a viticultura histórica e tradicional da Ribeira Sacra e incluso hai posibilidades que observan a nosa realidade de cultivo en pendente”, indicou, ao tempo que criticou que pese a ser unha paisaxe cultural e un ben de interese cultural como o declarou o goberno galego, “este non actúa en consecuencia”. “Queremos ter as mesmas oportunidades que ten outro produtor de Europa Comunitaria”, concluíu.

“Se Ana Miranda está, o BNG está neste centro neurálxico e tamén está a problemática do sur de Lugo”, asegurou pola súa banda o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, quen destacou que nas xornadas se conseguiron informacións produtivas e relevantes tanto no sector do viño como no ámbito da agricultura ecolóxica. “Tamén fomos quen de expresar neste centro de poder europeo os problemas das nosas comarcas, que son extensivos ao resto da Galiza interior”, manifestou. Neste mesmo sentido expresouse o portavoz municipal de Monforte de Lemos, Emilio Sánchez, quen ademais recalcou que “non nos podemos resignar a continuar como ata agora porque outras políticas son posibles sobre todo xestionando ben as axudas do plan FEDER”.

ÚLTIMAS

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...

CSIF Lugo pide ao concello de Monforte que cumpra a lei e recoñeza aos seus traballadores os dous días de asuntos propios pendentes do...

CSIF lembra que o concello está obrigado a recoñecer este dereito dos seus empregados...