HomePolíticaFalta de pediatras e listas de agarda de 15 a 20 días no...

Falta de pediatras e listas de agarda de 15 a 20 días no sur de Lugo, o BNG esixe ao Sergas solucións

A deputada do BNG por Lugo, Carme Aira reclamou, a través dunha pregunta ao goberno, "dotar de persoal necesario e reforzar as categorías para garantir unha atención de calidade na Atención primaria no sur de Lugo".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na pregunta ao conselleiro de sanidade, Julio García Comesaña, a deputada cualificou a dotación sanitaria pública para o sur de Lugo de “manifestamente deficitaria”, tanto na Atención primaria como hospitalaria e agravada pola “dispersión e media de idade dos seus habitantes”.

Para a deputada, a realidade constata que  “a falta habitual de persoal facultativo deixa á poboación sen asistencia médica  inmediata na Atención primaria” e ao resto de persoal dos centros cun incremento de “cargas de traballo inasumibeis”.

Carme Aira explicou que  “a dotación de persoal médico no Centro de Saúde de Monforte, despois de meses con cinco facultativos ou menos, pasará a ter 7 ou 8 médicas e médicos dos 12 orzamentados e previstos” ademais de sen quenda de tarde.

A deputada denunciou a falta de pediatras que obriga a unha gran parte das crianzas da zona a non recibir atención especializada xa que de 3 especialistas, “1 ou ningún en moitas ocasións deixan sen atender a máis de 3.000 crianzas de distintos concellos.”

“Non se trata só  de contratar persoal, trátase de reforzar as categorías que o precisan, e introducir profesionais novos, dándolle coherencia dentro do equipo de traballo para que, ao tempo que se amplía a carteira de servizos,  mellore  a asistencia sanitaria á poboación e  sen incrementar as cargas de traballo sobre outros e outras profesionais”, afirmou.

“Mesmo as PSX que contrataron para informar á cidadanía, xeran máis traballo ó resto dos psx, e facer a chave 365 mentres teñen que reasignar axendas constantemente por ausencia de facultativos, e  fan a triaxe, sen que a súa empresa tampouco lles garanta seguridade xurídica algunha no seu desempeño profesional, nin tampouco nestas condicións o SERGAS é capaz de  garantir a seguridade das doentes. O incremento de persoal ten que ser para formar equipo, cousa que non parece que suceda, tampouco co persoal de enfermería de atención domiciliaria denominados ESAD”, explicou Aira

Lembrou tamén que o centro de saúde de Pantón segue sen o facultativo prometido. Asegura que “o  día 15 quedou varias horas sen médico, derivando aos doentes a Escairón. Esta deficiente situación sanitaria é a que estamos padecendo no sur de Lugo aínda que o Partido popular persista en negar a realidade. Os cidadáns do sur de Lugo non merecen ser tratados como cidadáns de segunda”.

ÚLTIMAS

O PP esixe explicacións a Tomé sobre os convenios coa CHMS

Os representantes do PP lucense nas Cortes Xerais do Estado advirten dunha “elevada suma...

265.000€ para que 12 concellos lucenses adquiran vehículos e maquinaria para a prevención de incendios forestais

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explicou que o Diario Oficial de Galicia...

Agroma Sober denuncia que “as causas estruturais dos lumes permanecen e a xestión territorial segue desaparecida”

Durante os meses de agosto e setembro o Concello de Sober enviou a propietarios...

Por Chantada presenta unha moción para a preservación da empanada do municipio

Por Chantada explica na moción presentada no concello, que nas últimas décadas e coa...