HomePolítica9 meses dos lumes do Courel, a que intereses responden as Administracións?

9 meses dos lumes do Courel, a que intereses responden as Administracións?

Despois dos grandes lumes do 2022 anunciáronse axudas millonarias para o Courel, tanto desde o Goberno Central como desde a Xunta de Galicia. Pasados 9 meses Courel Vivo pregúntanse onde están esas axudas que aínda non chegaron a moitas das persoas afectadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois dos grandes incendios de xullo do pasado na serra do Courel, “conselleiros, delegados e presidentes anunciaron axudas para a Serra usando o Courel para promocionarse e dando unha falsa imaxe de apoio neses momentos tan difíciles”, lembran desde Caurel Vivo

Ardeu case o 60% do Concello e 9 meses despois a realidade é “que poucas foron as axudas que chegaron, só algunha migalla para afectados directos en vivendas. Pero, e os afectados no turismo, apicultura, gandeira, autónomos  e donos das terras? O único que recibiron foron doazóns de particulares”, denuncia Caurel Vivo.

Este mesmo ano anunciouse a reforestación de zonas por parte da Xunta que é a que ten as competencias en Montes. Caurel Vivo asegura que “o único  que se plantou foi de forma altruísta por parte da veciñanza e voluntarios, con doazóns de castiñeiros e froiteiras”, e engaden, “estamos case un ano máis tarde do desastre e podemos ver como a meirande parte da palla que a Xunta usou para sacar a foto podrece nas cunetas.”  

Desde C@urel Vivo consideran que “unha vez máis se malgasta diñeiro público” e pregúntanse, “A que intereses responden as Administracións, ós intereses xerais ou ós duns poucos?”. 

Palla arredores Froxán / Courel Vivo

ÚLTIMAS

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...