HomePolíticaJulio Álvarez despídese da corporación de Quiroga no derradeiro pleno do mandato...

Julio Álvarez despídese da corporación de Quiroga no derradeiro pleno do mandato municipal

A corporación municipal celebrou este martes a derradeira sesión plenaria desta lexislatura na que se realizou o sorteo das mesas electorais para as elección locais que terán lugar o 28 de maio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por tratarse da derradeira sesión plenaria da lexislatura, o alcalde, Julio Álvarez, que xa non se presenta aos próximos comicios, aproveitou para despedirse da corporación. Agradeceu “a todas as corporacións que o acompañaron durante todos estes anos ao fronte da alcaldía o traballo feito, sobre todo estes últimos catro anos que foron correctísimos, cunha oposición que soubo estar á altura das circunstancias facendo un mandato honesto e leal desde o punto de vista democrático”.

A todos eles atribuíu os acertos das xestións feitas, “aos cidadáns, aos traballadores e aos membros da corporación -independentemente do partido político que representan- posto que foi traballo de todos eles; e si houbo fracasos “asúmoos todos eu con toda a consideración”.

Julio Álvarez non quixo perder a oportunidade de desexarlles sorte aos concelleiros que se presentan para as vindeiras eleccións e felicitar aos que gañen, reiterando unha vez máis que esta corporación foi “unha referencia de como se debe xogar en política, mantendo cada un o respecto e a consideración cara os demais membros da mesma”.

A sesión rematou coa entrega que o alcalde lles fixo dun pergamiño como recoñecemento aos anos que cada concelleiro dedicou a esta corporación e unha insignia de prata do Concello de Quiroga. Entre os concelleiros tamén se atopaban Andrés Novoa e Luis Manuel Arias, últimos en deixar esta corporación. O secretario en funcións foi o encargado de entregarlle tamén un pergamiño, en recoñecemento por todos estes anos dedicado ao Concello de Quiroga, a Julio Álvarez.

ÚLTIMAS

OPINIÓN:“Un saquiño de desexos nas costas do Apalpador para o 2026”        

Nun Nadal cada vez máis celebrado como estratexia capitalista fronte ao nacemento da vida,...

Estradas afectadas por acumulacións de neve na provincia

As vias máis afectadas -con acumulacións de neve entre os 10 e os 20...

Premio Extraordinario de FP da familia de Administración para un alumno da Pinguela

A Xunta de Galicia vén de entregar os premios aos mellores resultados académicos. Un...