InicioPolíticaPrestacións sociais, rede de abastecemento e desenvolvemento económico, asegura o PP de...

Prestacións sociais, rede de abastecemento e desenvolvemento económico, asegura o PP de Monforte que son piares do seu programa electoral

O PP de Monforte presentaba este mércores a última hora da tarde o programa electoral co que concorrerá ás eleccións locais que se celebrarán o próximo día 28. A candidata á alcaldía, Katy Varela, acompañada polos membros da súa lista, explicou as medidas que considera necesario aplicar para que Monforte "saia do estancamento no que se atopa como consecuencia do déficit de xestión do goberno presidido polo socialista José Tomé".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os populares, no seu programa, poñen especial atención na mellora dos servizos sociais, buscando a inclusión. Neste campo defenden a xestión directa polo concello do Servizo de Axuda no Fogar, a construción da cidade sanitaria, a ampliación do centro de día, a creación da unidade de atención temperá, a ampliación da gardería infantil e o incremento de prazas. Igualmente adquiren o compromiso de potenciar a Oficina Municipal de Información Xuvenil, así como a creación do programa de Conciliación e corresponsabilidade familiar.

Os populares “comprométense a mellorar a comunicación do Concello coa cidadanía, así como a desenvolver unha xestión transparente”. Neste terreo apostan pola creación dunha oficina de asesoramento sobre xestión de trámites, simplificación dos trámites administrativos, incremento das axudas ás asociacións de veciños, máis transparencia na xestión dos servizos e á creación do manual de identidade corporativa.

Con respecto ao servizo de abastecemento volven a insistir en que ten numerosas deficiencias e aseguran que efectuarán as obras necesarias para a renovación das infraestruturas relacionadas co abastecemento e o saneamento. Igualmente, en materia de medio ambiente, o programa inclúe iniciativas para mellorar a limpeza das rúas, así como a intensificar o desbroce de pistas e camiños e a creación dun parque canino.

En canto á economía, Katy Varela afirmou que finalizarían os acceso ao porto seco, apostan por incentivos para favorecer o asentamento de empresas, flexibilización da ocupación de vía pública, medidas de impulso do comercio local, organización de feiras artesanais e rebaixas no IBI, plusvalía e IAE.

En turismo; o PP quere que a oficina de información sexa xestionada directamente polo Concello, fomentar o Camiño de Inverno, poñer en valor do patrimonio histórico e natural, apoiar ás agrupacións artísticas, mellorar a xestión das instalacións culturais e creación do centro Maker e novos museos, como o do calzado.

No terreo das infraestruturas, Varela citou, entre outras iniciativas que desenvolverá o PP se chega a gobernar, a construción da ponte da Acea Nova, a apertura da rúa Lois Pereiro cara á Ponte dos Picos, así como un novo acceso ao polígono dende a N-120. Os populares aseguran comprometerse a aprobar un novo PXOM e a impulsar a rehabilitación do casco histórico.

En canto a infraestruturas e actividades deportivas, o PP inclúe, entre outras iniciativas, a construción dun novo pavillón polideportivo e a rehabilitación das instalacións xa existentes, así como a creación dun centro de alto rendemento para piragüistas. Propoñen ampliar as zonas de baño e crear novas rutas de sendeirismo.

ÚLTIMAS

IGV demanda medidas “ante a crise de produtores de uva na Ribeira Sacra”

Interior Galego Vivo explica que "hai unha crise de excedentes de uva na DO...

O PP de Monforte urxe ao arranxo inmediato de varias rúas

Unha das actuacións ás que se comprometeu o goberno local é o arranxo do...

PP e IGV lamentan que a mellora da N-540 non remate ata 2027

O Partido Popular considera insuficiente o anuncio da adxudicación das obras de rehabilitación do...

5 viaxes ao ano e comidas de 400 persoas, a Asoc. de Pensionista e Xubilados de Pantón segue un plan que funciona

A Asociación de Pensionistas e Xubilados de Pantón fundouse no 2002. Na actualidade conta...