HomePolíticaCourel Vivo denuncia o abandono asistencial do municipio

Courel Vivo denuncia o abandono asistencial do municipio

Denuncian que o día 24 de xullo o Centro de Saúde de Seoane non tivo cobertura médica durante toda a xornada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo Courel Vivo este luns quedaron pacientes sen ser atendidos no centro de saúde de Seoane, “cando solicitaban cita médica non urxente para este día quedando únicamente a PSX e o persoal de enfermería para a atención dos usuarios.”

Así, co festivo deste martes, os pacientes deste centro non terán atención non urxente ata o día 26, insisten desde a formación “nunha zona de gran dispersión demográfica e cunha poboación envellecida”.

Aseguran que en caso de urxencia o día 24 “habería que mobilizar os compañeiros do centro máis próximo, situado aproximadamente a 20-30 minutos en coche pola estrada LU-651 nun tramo en obras que dista moito de estar en condicións para este tipo de mobilización”. Demandan polo tanto unha absoluta prioridade para a cobertura dos centros unitarios rurais para garantir os dereitos básicos asistenciais de toda a cidadanía

ÚLTIMAS

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...