HomePolíticaO PP da Pobra do Brollón pide ao concello que non lles...

O PP da Pobra do Brollón pide ao concello que non lles cobre aos veciños que están sen subministro de auga potable

O Partido Popular da Pobra do Brollón pídelle ao alcalde que o concello non lles cobre aos veciños os días que continúen sen subministro de auga potable, e lembra que a situación que están a vivir “é insostible”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende o PP pretenden que dende a entidade local non se deixe prolongar esta situación máis e se busquen solucións ben sexa coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil ou incluso con outras administracións, e lembra que a Xunta de Galicia dispón de axudas aos Concellos para auditar as redes de abastecemento que permitan controlar as fugas e outras destinadas ás comunidades de augas.

“O problema que temos non é novo. É obriga do Sr. Maseda solucionalo. Levamos meses advertíndollo porque este servizo é de competencia exclusivamente municipal”, remarca. Recentemente, no pleno, así llo trasladou ao alcalde o voceiro do PP, quen xa alertaba “do panorama que temos”, como tamén fixo meses atrás, logo de que o rexedor recoñecese no bando emitido no mes de maio que a auga traía moito lodo.

“O Sr. Maseda ten que dar unha solución. As queixas dos veciños son razonables e o que merecen é que se atalle o problema. Aquí non valen escusas. Xa lle dixemos en maio que o que sae polas billas non é incoloro, como ten que ser a auga, senón un líquido de color marrón. Existen fórmulas para ter a solución. É cuestión de vontade política facelo ou non”, remarca.

Teddy López insiste en que o subministro de auga potable é unha obriga dos concellos e teñen que ter as infraestruturas necesarias para asegurar a captación, potabilización e distribución nas debidas condicións. “Está claro que o alcalde da Pobra do Brollón non fixo os deberes cando tocaba facelos e agora os nosos veciños non poden beber a auga da traída”, conclúe.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...