HomePolíticaO Mitma non mellorará a N-120 polo momento, o PP fala de...

O Mitma non mellorará a N-120 polo momento, o PP fala de “indefensión da provincia ante unha estrada en pésimo estado”

“O Goberno de Pedro Sánchez confirmounos por escrito estes días que Galicia e a provincia de Lugo segue illada na súa conectividade con Ourense”, segundo expuxo o deputado lucense no Congreso, Francisco Conde, este sábado en Pantón acompañado por deputados nacionais, autonómicos, provinciais, alcaldes e voceiros da zona sur.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O popular explicou que “non hai unha planificación para cumprir o compromiso que tiña o Goberno de desenvolver o terceiro carril na N-120 entre a Guítara e Ourense e non hai ningunha planificación real para acometer un plan de mellora co que corrixir o firme desta vía nacional”.

Conde subliña este caso como exemplo da “situación de indefensión que temos na provincia de Lugo e en Galicia cun ministro de Transportes que non se toma en serio a situación que temos dende o punto de vista das infraestruturas na provincia de Lugo e cun Partido Socialista de Galicia que segue sendo portavoz de Pedro Sánchez e non defende os intereses da provincia de Lugo”.

O popular reivindica igualdade de oportunidades en canto ás infraestruturas e para os transportistas e usuarios, “para os que queremos vías en condicións de seguridade que garantan a accesibilidade e conectividade entre as provincias de Lugo e Ourense”. Os populares piden amparo ao PSdeG e ao Ministro de Transportes para que se poda corrixir esta situación de forma inmediata cumprindo a palabra dada. De feito, segundo lembra Conde, “había un compromiso para que se puidera licitar o terceiro carril de adiantamento neste ano 2023, pero vaise incumprir e non hai planificación para mellorar a seguridade desta estrada”.

RP PP N120 / PP provincial

RESPOSTAS DO GOBERNO

No que respecta á solicitude dun plan integral  de conservación e mantemento con habilitación de partidas presupostarias plurianuais para solventar os serios problemas identificados no firme, así como un programa de xestión preventiva de elementos como muros, taludes e obra de paso, o Goberno resposta o 16 de novembro, “amosando que non considera necesario poñer en marcha do modo inmediato o citado plan porque o proxecto aínda se está redactando; despois terá ser aprobado; e a licitación dependerá de que se considere prioritario e de que haxa dispoñibilidade presupostaria. Isto levará moitos meses e, polo tanto, os condutores seguirán transitando por unha estrada nun pésimo estado.”

En relación á mellora da seguridade e implantación do carrís de adiantamento (puntos quilométricos 548,8-564), o Executivo contestou o pasado 6 de novembro, “eludindo ratificar o compromiso explicitado o 2 de marzo polo secretario xeral de Infraestruturas de licitar as obras en 2023 e seguen sen darnos unha data certa de conclusión sobre un proxecto que foi iniciado en novembro de 2017 cando gobernaba o PP”.

ÚLTIMAS

Unha nova xornada do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves, 22 de maio, terá lugar ás 19:30 h. a segunda xornada da...

Prazo de inscrición aberto ata o 10 de xuño para participar na XXV edición de Artelemos

Como o ano pasado a cita coa mostra de artesanía durará 6 días, nesta...

25.000€ da Deputación para promoción turística da Ribeira Sacra

O mandatario provincial, José Tomé, puxo en valor o labor do Consorcio de Turismo...

Festa da ‘Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque’ en Quiroga

Este sábado día 24 de maio a Asociación de Empresarios e comerciantes do Xeoparque...