HomePolíticaCuarta paralización da construción da residencia de Pobra do Brollón e "camiño...

Cuarta paralización da construción da residencia de Pobra do Brollón e “camiño da quinta licitación”, denuncia o PP

A Deputación Provincial inicia o procedemento para o que será unha nova resolución do contrato para a construción do centro residencial de atención a persoas maiores na Pobra do Brollón, adxudicado en setembro, depois de saír a licitación por cuarta vez en abril deste mesmo ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O voceiro do PP na Pobra do Brollón, Teddy López acusa a Tomé e ao alcalde da Pobra do Brollón de empregar a residencia con fins electoralistas, “sen importarlles o máis mínimo se temos residencia ou non”. A obra da residencia sacábase a licitación, por cuarta vez, unhas semanas antes das municipais de maio, “unha obra prometida tamén pouco antes das municipais do ano 2019, unha promesa rota tras outra”, lamentou.

Teddy López anuncia que comezará unha rolda de contactos cos veciños da Pobra do Brollón para coñecer a súa postura ante “esta nova promesa incumprida por parte do alcalde e do presidente da Deputación. Non descartamos ningunha posibilidade agora mesmo. Para o que nos precisen os veciños aí estaremos ao seu carón”, asegurou.

O convenio para a residencia da Pobra do Brollón foi asinado en xuño do 2018 e sacado a licitación en febreiro do 2019. Contemplaba un investimento de 1,4M€. O primeiro contrato foi resolto e coa segunda licitación o goberno da Deputación tardou case un ano en formalizar o contrato para logo ser suspendido e, posteriormente, tamén resolto. Na terceira licitación para a construción deste centro quedaba deserto o concurso, mentres que a resolución da cuarta licitación vén de iniciarse, despois de ser adxudicada en setembro por 2,2M€.

Teddy López non confía en que en 2024 prospere a quinta licitación “tras coñecer como nos orzamentos da Deputación para 2024, PSOE e BNG reduciron en máis de 60.000€ o investimento e en máis de 50.000€ o gasto corrente relacionado cos centros de maiores. Está claro que non prevén construír máis residencias”, sentenciou.

En termos similares se pronunciaba tamén, o voceiro do Grupo Provincial do PP, Antonio Ameijide, “É chamativo que o contrato se resolva apenas mes e medio despois de ser formalizado, o 17 de outubro, trala súa adxudicación na xunta de goberno do 29 de setembro. Pero máis chamativo é aínda que sexa o cuarto intento frustrado do goberno provincial por contratar as obras de construción desta residencia. Xa é esperpéntico. E non pode ser casualidade”.

ÚLTIMAS

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará...

A Conselleira de Medio Rural presenta en Matacás a nova convocatoria de axudas para manter a paisaxe na Ribeira Sacra

No miradoiro das Penas de Matacás, en Castro Caldelas, a Conselleira Maria José Gómez...

Este 16 de xaneiro preséntase en Chantada “Guía Micolóxica Básica da Provincia de Lugo”

A Irmandade Cultural País do Faro organiza para este venres, 16 de xaneiro, a...