HomePolíticaOs socialistas de Triacastela denuncian "graves consecuencias para os veciños" por non...

Os socialistas de Triacastela denuncian “graves consecuencias para os veciños” por non ter os orzamentos aprobados

Os socialistas de Triacastela denuncian que, dende que Olga Iglesias é alcaldesa, o concello “nunca tivo Orzamentos en tempo e forma”, o que provoca “graves consecuencias para os veciños e veciñas”, que perden fondos e oportunidades, pois o presuposto “é o instrumento investidor fundamental para manter e crear servizos, e para sacar adiante obras”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O voceiro municipal do PSdeG, Miguel Ángel Fernández, subliña que a rexedora do PP, tamén Xefa Territorial de Medio Rural da Xunta de Galicia, leva 12 anos á fronte do Goberno local “saltándose todos os procedementos que regulan a aprobación dos presupostos, das liquidacións e da Conta Xeral, facendo deste xeito unha xestión neglixente e caótica dos cartos públicos, que son de toda a veciñanza”.

Este 2023 en Triacastela levouse a pleno este xoves, o orzamento do presente exercizo. Miguel Ángel Fernández explica que votou en contra “por estar fóra de prazo e non ter ningún sentido. Parece unha inocentada polo Día dos Inocentes, que podería ata ser simpática, se non fose polas graves consecuencias que pode chegar a ter para os veciños”.

Tamén esixiu que se presente para xaneiro, a aprobación inicial, o orzamento do exercizo 2024 e antes do 15 de outubro se presente o presuposto do 2025 para que poida ser aprobado definitivamente antes do 31 de decembro de 2024, tal e como marca a lexislación vixente. Segundo os socialistas, ademais de levar os orzamentos a pleno fóra de prazo, “a alcaldesa do PP incumpre tamén o procedemento porque non os publica no Boletín Oficial da Provincia para a súa exposición pública e que os veciños poidan presentar alegacións durante un período de 15 días”. Conclúen asegurando que a rexedora tamén vulnera o establecido para a aprobación das liquidacións dos propios presupostos.

ÚLTIMAS

Novas titulacións e formación para todas as idades na Aula Universitaria da UNED en Monforte

Integrada no Centro Asociado da UNED en Lugo, a Aula Universitaria da UNED en...

José Tomé levará ao pleno do 26 de outubro a licitación do PXOM, “o documento máis importante para Monforte desde hai máis de 40...

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, anunciou este xoves que levará...

192.000€ para e mellora de varias rúas en Chantada

O Concello de Chantada dispón dun plan de asfaltado para rexeneración de vías nas...