HomePolíticaA candidatura socialista na provincia reúnese con pensionistas en Chantada

A candidatura socialista na provincia reúnese con pensionistas en Chantada

Os candidatos do PSdeG ás eleccións autonómicas pola provincia Miguel Tomé e Jaime Losada, a Secretaria de Organización provincial e Alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, e o voceiro municipal  do PSdeG en Chantada, Mariano López Nieves, mantiveron un encontro coa Asociación de Xubilados e Pensionistas da vila chantadina.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No encontro, os candidatos socialistas subliñaron que, “grazas ás subas aprobadas polo Goberno de Pedro Sánchez nos dous últimos anos, os 8.500 pensionistas das comarcas de Chantada e da Ulloa cobran agora de media 2.100 euros máis ao ano”.

Neste sentido, os socialistas recalcaron que, “fronte ao ridículo 0,25% anual da época do PP, os socialistas subimos máis dun 12% as pensións en só dous anos” -un 8,5% no 2023 e un 3,8% neste 2024-, o que para Chantada e A Ulloa “supón unha inxección económica de case 18M€ máis ao ano ca no 2022, co efecto dinamizador que iso ten no consumo”.

“Revalorizar as pensións conforme ao custe da vida non é só de xustiza social, para favorecer o benestar da xente, senón que tamén supón un incentivo máis para a economía local, sobre todo no noso rural, porque o consumo xerado polos pensionistas coas prestacións que perciben é fundamental en sectores como a alimentación ou a hostalería, tamén en moitos produtos asociados coa terceira idade, e en moitos casos axudan aos fillos na crianza dos netos”. Polo tanto, “subir as pensións, nunha provincia eminentemente rural como a nosa, é tamén unha medida necesaria para fixar poboación”.

No caso concreto de Chantada, os socialistas aportan os seguintes datos: a pensión media medrou en 172€ ao mes con respecto ao 2022. Ese ano, o montante medio da prestación era de 731€ e hoxe é de 903€ mensuais, explicaron, engadindo que subas semellantes déronse tamén nos concellos de Taboada, Carballedo, Antas de Ulla, Palas de Rei e Monterroso, cunha suba media de 157€ máis ao mes na pensión dende o ano 2022.

“Queda claro que a revalorización das pensións só se garante con gobernos progresistas, porque o PP, non o fai cando goberna, e vota en contra cando está na oposición”. “Teñen que explicar que lle fixeron os pensionistas para votar en contra deles e negarse sempre a que lles suban as pensións”, recalcaron os socialistas.

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...