HomePolítica2 anos do afundimento da estrada autonómica do Courel a Quiroga, os...

2 anos do afundimento da estrada autonómica do Courel a Quiroga, os socialistas denuncian a inacción da Xunta

José Tomé estivo no Courel xunto aos candidatos lucenses ás eleccións autonómicas e representantes socialistas na contorna. O Secretario Xeral dos socialistas na provincia e Presidente da Deputación de Lugo lembrou que, cando se van cumprir 24 meses do afundimento, “non hai nin un metro de obra feito e nada se sabe nin sequera do proxecto técnico para repoñer o trazado da estrada, un abandono da Xunta de Rueda ás infraestruturas que se estende por toda Galicia".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Pasaron dous anos e o Goberno de Rueda non fixo nada para arranxar os 200 metros afundidos da estrada autonómica do Courel a Quiroga, nin sequera ten o proxecto”. Así o denunciou esta fin de semana, José Tomé Roca, no propio lugar do derrubamento da que é a principal vía de comunicación de Folgoso do Courel.

Tomé asegurou que mentres “a Conselleira de Infraestuturas pasa os días atacando ao Goberno do Estado e aos concellos que non son da súa cor política, ten este desastre no Courel, é a responsable da chapuza monumental da Ronda Leste de Lugo e acumula obras empantanadas por toda Galicia”.

Despois de quince anos de Goberno de Feijóo e Rueda, recalcou o socialista, “temos menos médicos, menos mestres, menos escolas, menos emprego, menos industria, e tamén, menos infraestruturas”. Por iso, remarcou, “é tan necesario un cambio na Xunta de Galicia, liderado polo Partido Socialista”.

Neste sentido, comprometeuse a que, con Besteiro á fronte do Goberno galego, “os socialistas completaremos o mapa de infraestruturas da provincia e de Galicia, desbloqueando todas as obras estratéxicas que o PP ten paralizadas”, tanto o propio arranxo da parte da estrada autonómica do Courel afundida, como o ensanche da totalidade do treito de Folgoso a Seoane, os accesos ao Porto Seco de Monforte, que Besteiro potenciará ademais como un nodo loxístico de referencia en Galicia e en Europa; ou desdobramento integral do corredor Lugo-Sarria-Monforte, pois o PP só fixo once quilómetros en quince anos e non contempla chegar ao concello monfortino.

“A mobilidade será una liña de actuación prioritaria da Xunta de Besteiro”, explicou o Secretario Xeral do PSdeG na provincia, “para favorecer o equilibrio territorial, a cohesión social e a dinamización económica e do emprego, polo tanto, para revitalizar o rural e fixar poboación”.

Estrada autonómica LU-651

A estrada autonómica LU-651, a principal vía de comunicación de Folgoso do Courel,  derrubouse o 20 de marzo de 2022, nun tramo de 200 metros, á altura do quilómetro 18,300. A Xunta tardou 44 días en atopar un desvío alternativo e non o abriu ata preto de 5 meses despois. Cun trazado inseguro e unha pendente do 20%, cando hai neve, non poden circular nin os turismos.

O Goberno de Rueda tardou 7 meses en encontrar unha solución para o treito derrubado e a propia Conselleira de Infraestruturas deuse a si mesma tres anos para acometer as obras. A estrada caeu no 2022 e Ethel Vázquez dixo que non estaría rematado ata o 2025.

Ademais de non solucionar o derrubo entre Courel e Quiroga no quilómetro 18,300, a Xunta ten pendente o acondicionamento e ensanche desta estrada autonómica entre Folgoso e Seoane. Despois de 14 anos sen facer nada, empezou en setembro do 2022 as obras da primeira fase -entre os kms. 29,750 e 33,180-, de Ferreira Vella a Seoane. “Uns traballos que están provocando un gran malestar veciñal polas deficiencias na súa execución, como os desvíos, que son intransitables”.

ÚLTIMAS

O CEIP da Gándara de Monforte estrea parque infantil

Este martes pola mañá o alumnado do CEIP A Gándara comezou a utlizar a...

O IES Francisco Daviña Rey premiado no Concurso de Carteis do programa ‘Recíclate con Sogama’

O centro de ensino monfortino IES Francisco Daviña Rey, e o CEIP Manuel Luis...

O PP de Monforte demandará no pleno un plan de acción para os edificios ruinosos

Katy Varela, a voceira popular, explica que este é un problema “crecente” no municipio,...

Día da bici e das Letras Galegas no Colexio Novo de Monforte

As familias sairon en bicicleta cos seus nenos por un roteiro que partía do...