HomePolíticaUnha campaña informativa para que Monforte coñeza as modificacións da ordenanza de...

Unha campaña informativa para que Monforte coñeza as modificacións da ordenanza de circulación, piden os populares

A voceira popular, Katy Varela, ve preciso “informar con exactitude dos permisos de entrada a estas zonas peonís e os mecanismos para solicitalos e, a pesar de que a publicación no Boletín correspondente é suficiente a efectos legais, entendemos que por mor da repercusión desta norma na vida dos veciños de Monforte débense facer campañas informativas amplas, tanto dos termos da nova norma nese ámbito como da posibilidade de retroactividade das sancións impostas”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No último pleno do concello de Monforte, o equipo de goberno aprobaba as modificacións da ordenanza de circulación de Monforte. O PP de Monforte lamenta que non se atenderan as alegacións que presentaron e consideran que o alcalde “está tentando confundir á poboación con mensaxe erróneas”, polo que veñen de rexistrar un escrito no concello solicitando unha campaña informativa para toda a veciñanza, especialmente para os afectados.

Desde o PP consideran que a poboación debe saber que as infraccións en zonas peonís poden ter un custo de 200€ por multa, entre outras sancións. Katy Varela recorda que estas modificacións da ordenanza “están a causar moita controversia, polo que pedimos que segundo paga publicidade para outro tipo de fins, neste caso está máis que xustificado xa que afecta a unha porcentaxe da poboación moi ampla”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...