HomePolíticaO PP de Monforte presenta unha moción para rehabilitar a casa da...

O PP de Monforte presenta unha moción para rehabilitar a casa da cultura e a biblioteca

A voceira popular de Monforte, Katy Varela, ve necesario “que se leve a cabo un plan de actuación na casa da cultura onde se rehabilite e mellore a sala de exposicións, o salón de actos e aulas, facendo especial fincapé en actuacións de mellora da biblioteca”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende o Grupo Municipal Popular de Monforte aseguran que consideran fundamental apostar polo desenvolvemento cultural da cidade, e cren que “a biblioteca municipal é un recurso vital para o acceso á información e para a aprendizaxe dos nosos veciños”.

Recordan os populares que en outubro de 2021 xa se defendeu unha moción para a mellora e ampliación de espazos para o estudo e que se incluíse nos orzamentos de 2022 unha partida orzamentaria suficiente para efectuar as melloras que fosen necesarias. E aseguran que as únicas partidas destinadas polo goberno de José Tomé foron:

  • 37.0000€ en 2022 para  equipos informáticos, mobiliario e estanterías
  • 32.000€ en 2023 para mercar libros, mobiliario e reforma da biblioteca

“Vemos como as cantidades que se destinaron nos últimos anos non son suficientes e non serviron para mellorar estas instalacións. Son numerosas as queixas de usuarios, dende opositores a rapaces de instituto pasando por lectores de prensa ou libros, todos testemuñas do estado de abandono no que se atopa a casa da cultura”, destaca Varela.

Entre as actuacións que defenderán os populares están a mellora do salón de actos, a insonorización da sala de lectura, que tamén se debería separar da zona de estudo e tránsito de persoas ou a uns horarios flexibles, sobre todo en épocas de exames.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...