HomePolítica5 contratacións para a residencia da Pobra do Brollón, os populares pregúntanse...

5 contratacións para a residencia da Pobra do Brollón, os populares pregúntanse se será a definitiva

O voceiro do PP provincial, Antonio Ameijide asegura non fiarse "das reiteradas promesas de José Tomé no referente a esta residencia tras cinco contratacións e incontables despropósitos por parte do goberno provincial de PSOE e BNG".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación Provincial vén de autorizar a cesión do contrato de construción da residencia da Pobra do Brollón por parte da empresa adxudicataria a unha nova empresa. Desde o PP provincial agardan que esta quinta contratación sexa definitiva. Ameijide advirte a Tomé que “nin nós nin ningún veciño da Pobra do Brollón se fía das palabras deste goberno provincial tras tantas promesas incumpridas, aínda así agardamos que desta vez sexa unha realidade no menor prazo de tempo posible”.

O voceiro provincial popular recorda que a xestión do gobecontrrno provincial en relación á construción da rede de residencias da Deputación de Lugo é “un despropósito, o goberno provincial foi de fracaso en fracaso no referente á construción da residencia de Pobra do Brollón”.

O contrato da cuarta licitación para a construción desta residencia resolveuse mes e medio despois de ser formalizado, o 17 de outubro, trala súa adxudicación na xunta de goberno do 29 de setembro. Agora, apróbase a cesión do contrato dunha empresa a outra.

O convenio para a construción da residencia da Pobra do Brollón foi asinado en xuño do 2018 e sacado a licitación en febreiro do 2019 cun investimento 1,4 M€. O primeiro contrato foi resolto e coa segunda licitación o goberno da Deputación tardou case un ano en formalizar o contrato para logo ser suspendido e, posteriormente, tamén resolto.

Na terceira licitación quedaba deserto o concurso e os populares aseguran que era precisa unha revisión de prezos, atendendo á suba dos custes da luz, do combustible ou dos materiais da construción. A cuarta licitación foi aprobada en abril de 2023 e adxudicada en setembro por 2,2M€. “Todos estes atrasos supuxeron que o custo desta infraestrutura aumentara 800.000€”, explica.

ÚLTIMAS

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...

Pantón comeza este 6 de outubro unha nova tempada de “Por que nos xuntamos os homes?”

En novembro do pasado ano o Concello de Pantón desde o departamento de Servizos...