HomePolíticaO PP de Monforte pedirá en pleno servizos básicos para a parroquia...

O PP de Monforte pedirá en pleno servizos básicos para a parroquia de Chao de Fabeiro

O concelleiro popular, Jose Luis Rodríguez, explica que os veciños das parroquias pagan impostos ao igual que o resto de veciños do municipio polo que teñen o mesmo dereito a contar cos mesmos servizos básicos e oportunidades.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois das primeiras reunións que os populares manteñen con barrios e parroquias aseguran, “Non queremos monfortinos de primeira e de segunda, queremos que todos teñan as mesmas oportunidades”. O concelleiro popular, Jose Luis Rodríguez, explica que “vemos como os veciños das parroquias do rural pagan os mesmos impostos e teñen moitos menos servizos e oportunidades, polo que defenderemos a mellora e a dotación de servizos básicos” á parroquia de Chao de Fabeiro.

Os populares defenderán que nesta parroquia o Concello de Monforte realice o arranxo de todos os problemas de asfaltado das vías e o desbroce dos camiños. Piden tamén solución aos problemas de abastecemento de auga e saneamento, mellorar a sinalización da parroquia (especialmente a que hai dende o desvío da estrada provincial LU-P-30202) e que se dote de fibra óptica a esta zona.

Para os concelleiros populares “é fundamental coidar aos veciños das parroquias do rural, algo que non se está a facer dende este goberno local, que no se preocupa por realizar un mantemento e tarefas de conservación axeitadas”. Rodríguez ve “un enorme abandono da zona rural polo equipo de goberno de José Tomé, tal e como poñen de manifesto constantemente os veciños de todas as parroquias”.

ÚLTIMAS

A Asociación Sociocultural Boca do Monte, na parroquia de Montefurado, celebra a súa ‘X Xornada Castañeira’ este 31 de outubro

A Asociación Sociocultural Boca do Monte, entidade afincada na aldea dos Anguieiros, na parroquia...

Declaración de Impacto Ambiental desfavorable para os parques eólicos Agratina e Agromaces na comarca de Chantada

Estes dous parques formaban parte do expediente conxunto PEOL-913 AC (no que tamén se...

San Clodio suspende as Festas Patronais que se celebrarían do 29 ao 31 deste mes

En sinal de dó e respecto polas vítimas, as bandeiras dos edificios municipais ondean...

Se sabes algo deste menor desaparecido, avisa

A Asociación SOS Desaparecidos difundiu unha alerta pola desaparición de Diego L., un menor...