HomePolíticaO PP da Pobra do Brollón pide solución inmediata aos problemas de...

O PP da Pobra do Brollón pide solución inmediata aos problemas de seguridade da LU-P-4710

O voceiro do PP na Pobra do Brollón, Teddy López, pide unha solución para a estrada provincial LU-P-4710, unha vía moi estreita na que non se cruzan dous vehículos e na que urxe tomar medidas xa que “nestas semanas hai un importante tráfico de camións e é moi perigosa xa que hai moitas curvas con moi pouca visibilidade”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Teddy López alerta desta situación e explica que son moitos os veciños da Pobra do Brollón que están moi preocupados porque “circular por esta estrada é perigoso. Hai varias curvas nas que a visibilidade é nula e, de súpeto, atópaste cun camión cargado de mercancía e non hai escapatoria posible”, sinalou.

O voceiro popular na Pobra do Brollón explica que esta estrada é moi estreita en moitos puntos nos que é imposible que se crucen dous vehículo ao mesmo tempo, “unha situación que cómpre mellorar porque non hai ningún punto no que apartarse para facilitar a circulación e o paso de dous coches simultaneamente”.

Neste senso, o popular pide ao alcalde que esixa á Deputación que tome as medidas necesarias para garantir a seguridade nesta estrada provincial, “medidas que deberían de comezar, como mínimo, polo desbroce da vexetación para axudar a mellorar a visibilidade”.

Teddy López lembra que “non estamos en contra de que a Deputación realice investimentos no noso municipio, pero as cousas hai que facelas con cabeza e, seguramente, é moito máis importante garantir a seguridade nas estradas provinciais para que os veciños da Pobra do Brollón poidan circular tranquilamente por elas”.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...