HomePolíticaPiscinas ao aire libre e mellora do servizo da Unidade de Drogodependencias,...

Piscinas ao aire libre e mellora do servizo da Unidade de Drogodependencias, demandas que Esperta Monforte presenta ao pleno

Esperta Monforte presenta tamén un prego no que pide repoñer o peche da pista do parque López Suárez e dúas preguntas sobre se os propietarios da vivenda da praza do conde están avisados da caída de parte do tellado e que fará o equipo de goberno cos trablladores da piscina municipal que actualmente dependen de Tragsa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esperta Monforte leva ao pleno deste luns unha moción para dotar dunha zona de piscinas ao aire libre á cidade do Cabe. Aseguran desde Esperta Monforte que a cidade non conta con zonas habilitadas para o baño por cuestións de verquidos e salubridade da auga polo que “moitos veciños peregrinan a núcleos próximos para gozar de piscinas municipais a prezos asequibles”.

“Non estamos en contra da construción do megaproxecto de Ribas Altas, pero entendemos que son necesarias unhas piscinas ao aire libre. Podemos ter este megaproxecto rematado e non ter un certificado de idoneidade da auga para o baño nesta zona”, conclúen desde Esperta.

Lembran desde a formación política que a Unidade Municipal de Drogodependencias de Monforte leva máis de tres anos sen cubrir a praza de psiquiatra e desde maio deste ano súmase a da psicóloga.

Así Esperta Monforte presenta unha moción para instar á Xunta a que asuma a competencia da Unidade Asistencia de Drogodependencias de Monforte e na pide contratar á maior brevidade posible un psiquiatra e un psicólogo para este servizo.

ÚLTIMAS

O 27 de outubro abre a nova Piscina da Pinguela en Monforte de Lemos

Esta tarde, ás 19:00 h. tivo lugar a presentación oficial das novas instalacións da...

Sober retoma polo San Martiño as Festas do Carme, suspendidas polo incendio

O Concello de Sober retomará polo San Martiño, patrón das parroquias á que pertence...

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do...

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...