HomePolíticaO BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

O BNG Monforte formulará no pleno do luns, 29 de xullo, unha pregunta ao equipo de goberno sobre as verquidos que se están producindo no Río Cabe, desde o Caneiro ata o Malecón. Queremos saber quen se vai a facer responsable destos verquidos e que medidas se tomarán "para solucionar este grave problema".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para alertar sobre a presenza de centos de peixes mortos flotando ao longo do río. “Esta situación é inaceptable e require unha resposta inmediata”, lamentan os nacionalistas.

Desde o BNG de Monforte critican ao equipo de goberno “pola súa falta de sensibilidade cara aos temas ambientais. Estamos cansos de sufrir e ver como o equipo de goberno mira para outro lado constantemente en relación cos verquidos ao río. O equipo de goberno debe tomar medidas urxentes para abordar este problema e protexer a nosa contorna natural”.

“É imperativo que se tomen accións inmediatas para deter estos verquidos e previr futuros danos ao ecosistema del Río Cabe. A cidadanía merece unha contorna limpa e segura, e é responsabilidade do equipo de goberno garantilo” di Emilio J. Sánchez, voceiro do BNG en Monforte 

Verquidos e morte de peixes no río Cabe / BNG Monforte

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...