HomePolíticaPor Chantada demanda espazos axeitados para o asociacionismo da vila

Por Chantada demanda espazos axeitados para o asociacionismo da vila

Por Chantada-IGV, ven de apresentar unha moción, para o seu debate no vindeiro pleno, na que solicita a habilitación e acondicionamento dun espazo físico para uso como local de ensaio e creación das distintas agrupacións culturais da vila; así como a habilitación doutro espazo para para o desenvolvemento do dereito de asociación, como local de encontro, debate e reunión.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por Chantada considera que estes espazos deberán estar ao dispor das agrupacións e/ou persoas que o soliciten, cun horario amplo para facilitar o aproveitamento por parte do maior número posíbel delas, e organizado e dispoñíbel baixo os principios de confianza e responsabilidade da veciñanza.

Ao tempo, a moción aposta pola creación dunha bolsa de agrupacións culturais (musicais, teatrais, literarias…) que tiveran interese en ter proxección pública e ser contratadas polo Concello como parte da Axenda Cultural da vila.

Defende a fundamentación do documento presentado por Por Chantada que “as asociacións e agrupacións culturais -e mesmo as persoas non organizadas que traballan na arte e na creación- teñen unha saudábel representación na nosa vila malia contar con escaso apoio institucional”. E que a indiscutíbel competencia das entidades locais na difusión e promoción cultural, “pasa por traballar nunha oferta cultural variada e coordinada, ao tempo que se facilita que as veciñas e veciños da nosa vila teñan posibilidades de formación e de creación cultural. E pasa, en definitiva, por democratizar a cultura”.

Defenden as promotoras da candidatura independente que “Un concello comprometido cos valores democráticos quere e promove un tecido asociativo forte”. Non descarta a agrupación municipal que ese espazo poida ser nun futuro a actual casa da cultura, cando se traslade a actual biblioteca, “mais non se pecha nunha localización concreta e urxe, pola contra, a que se habilite canto antes”.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...