HomePolíticaOs socialistas de Triacastela denuncian ante a Valedora do Pobo a falta...

Os socialistas de Triacastela denuncian ante a Valedora do Pobo a falta de plenos ordinarios

Os socialistas consideran que esta "omisión deliberada" é un intento de silenciar á oposición e limitar o acceso á información pública, deixando aos cidadáns sen a posibilidade de coñecer o estado real dos asuntos municipais. Ademais, recalcan que esta práctica incumpre a obrigatoriedade legal de convocar plenos ordinarios de forma regular, tal e como estipula a normativa vixente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Grupo Municipal Socialista de Triacastela vén de remitir á Valedora do Pobo unha queixa formal pola reiterada falta de convocatoria dos plenos ordinarios no Concello de Triacastela. O voceiro dos socialistas de Triacastela, Miguel Ángel Fernández, subliña que esta situación, que vulnera os principios básicos de participación e transparencia democrática, é un exemplo máis da opacidade coa que a alcaldesa xestiona o Concello.

“É inaceptable que os veciños e veciñas de Triacastela queden á marxe das decisións que afectan o seu día a día por mor da falta de convocatoria de plenos, que son o foro principal para a rendición de contas e o debate político”, denuncian dende o PSOE local. “Temos plenos cando ela considera, tivemos un en novembro, pero tería que ter sido en outubro, tampouco tivemos en agosto… Non se seguen os procedementos que se marcaron no pleno de organización, non é nada seria nin transparente a actitude da Alcaldesa”.

Coa remisión desta queixa á Valedora do Pobo, o PSOE de Triacastela asegura que busca defender os dereitos da veciñanza e unha administración transparente e participativa, ademais de garantir que o goberno local cumpra coa súa obriga de rendición de contas. “Seguiremos vixiantes e traballando para que Triacastela recupere os valores de democracia, transparencia e proximidade que merecen os nosos veciños e veciñas”, conclúen.

ÚLTIMAS

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...