HomePolíticaO PP reclamará no Senado impulsar a autovía A-56 entre Lugo e...

O PP reclamará no Senado impulsar a autovía A-56 entre Lugo e Ourense

Os senadores do Partido Popular polas provincias de Lugo e Ourense esixirán ao Goberno de Sánchez dende a Cámara Alta “retomar e impulsar a autovía A-56 que une as cidades de Lugo e Ourense”. Así o explicou o senador lucense, José Manuel Barreiro, en Carballedo acompañado polos senadores de ambas provincias, alcaldes e portavoces dos municipios polos que estaba proxectada esta autovía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os senadores afean a resposta do Executivo a unha pregunta formal sobre os seus plans coa autovía A-56 -e, máis concretamente, sobre os prazos previstos para a súa posta en funcionamento- toda vez que se limita a dicir que “el Gobierno, a través del Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible, sigue avanzando”. Ante esta “insatisfactoria” resposta, os representantes do PP no Senado por ambas provincias impulsarán unha proposición para darlle o mandato ao Goberno de Sánchez de retomar a construción da A-56”.

Barreiro explica que “esta autovía leva anos paralizada. Só está en funcionamento un pequeno tramo na provincia de Ourense, entre Vilamarín e ata A Barrela (Carballedo). Polo tanto, o que demandamos é darlle continuidade para que, efectivamente, se poda facer uso dunha vía de altas capacidades para comunicar as cidades de Lugo e Ourense”.

O senador do Partido Popular e viceportavoz do Grupo Popular lembrou que “foi o Goberno presidido por Mariano Rajoy o que tomou en serio este proxecto investindo entre o 2015 e o 2018 as maiores cantidades para facer posible o tramo que actualmente está en funcionamento”.

Dende entón, “o Goberno de Sánchez non fixo nada. Isto demostra claramente o abandono e a súa falta de compromiso coa provincia de Lugo, co beneplácito do PSOE lucense e do BNG”.

Os populares teñen reivindicado en numerosas ocasións que a comunicación por estrada entre estas cidades sexa por autovía porque “a única alternativa para comunicar as dúas capitais das provincias galegas do interior é unha vía tamén de titularidade nacional, a N-540, en moi mal estado”.

ÚLTIMAS

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...