HomePolíticaO BNG concéntrase diante do Hospital de Monforte en favor da sanidade...

O BNG concéntrase diante do Hospital de Monforte en favor da sanidade pública

Este mércores, 5 de febreiro ás 13:00h, levouse a cabo unha concentración na entrada principal do hospital comarcal de Monforte convocada polo BNG da que asegura participaron case un cento de persoas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A concentración estivo presidida polos Deputados do territorio e da área de sanidade no Parlamento galego, Iago Suárez, Montse Prado e Iria Carreira, que explicaron como a folla de ruta do goberno galego “é ir desmantelando a sanidade pública para afortalar a privada con fondos públicos, o que implicará que só quen teña posibles terá a atención sanitaria axeitada, mentres que manter a sanidade como un servizo de acceso universal e público iguala ás persoas ante unha doenza”.

A responsable comarcal, Rosana Prieto Florines, deu lectura a un breve comunicado no que reclamou recursos humanos e materiais para o hospital comarcal e o reforzo de persoal da atención primaria e das especialidades. Tamén anunciou que se seguirán levando a cabo accións para que o goberno galego tome conciencia de que “a poboación non lle vai consentir que siga coa mesma folla de ruta que xa levou de Monforte especialidades e servizos”.

Á concentración asistiron os cargos institucionais do BNG no sur da provincia entre os que estaban o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, e o segundo tenente de alcalde de Quiroga, Xosé Manuel Fernández, e a Deputada Provincial, Iria Castro, que encabezaban a concentración, e amosaron a preocupación pola situación da sanidade pública lembrando que, “a semana pasada saltaron de novo todas as alarmas ao coñecer que había un mamógrafo derramado, que se seguiu a utilizar ata esta semana, e as pacientes citadas para probas con esta máquina foron derivadas na súa totalidade a Lugo porque non existe o servizo no seu hospital de referencia que é o de Monforte”.

Concentración sanidade pública / BNG

ÚLTIMAS

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...