HomePolíticaO PP de Monforte leva ao pleno unha iniciativa para esixir ao...

O PP de Monforte leva ao pleno unha iniciativa para esixir ao Goberno do Estado un novo Plan Director do Corredor Atlántico

Katy Varela explica que tras analizar o mapa do Corredor Atlántico para o horizonte 2030 do Plan Director para Galicia “o Goberno de Pedro Sánchez borra á provincia de Lugo de calquera tipo de investimento en novas infraestruturas ou da chegada da alta velocidade ferroviaria”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP de Monforte defenderá no pleno de marzo unha iniciativa para esixir ao Goberno do Estado que presente un novo Plan Director do Corredor Atlántico que evite o illamento da provincia de Lugo en materia de infraestruturas.

A voceira popular, Katy Varela, defende que “son necesarios compromisos concretos, cifras detalladas e prazos definidos para a execución das obras de mellora das infraestruturas viarias e ferroviarias de titularidade estatal” entre as que deben de incluírse, entre outras, “a conexión real por alta velocidade de cara a garantir as comunicacións, a competitividade e o desenvolvemento dos concellos da provincia de Lugo en igualdade de condicións a outros territorios”.

Os concelleiros populares afirman que Lugo de Galicia e do entorno que queda fóra de todo. “O Goberno de España non considera as vías e liñas que comunican Lugo coas provincias do entorno rede básica nin prioritaria e, polo tanto, non contempla ningunha actuación no horizonte do 2030”. Isto aféctalle a Monforte, “O trazado actual da liña Ourense – Lugo non permite alcanzar os 160 km/h de media establecidos para os trens de viaxeiros, senón que esa é a velocidade máxima punta en escasos tramos da rede na provincia e o Goberno de España non contempla a execución das variantes de Os Peares-Canabal nin Rubián, imprescindibles para reducir os tempos de viaxe”.

Segundo os populares para a liña entre Monforte – Ferrol / A Coruña non están previstas melloras ata o horizonte do 2050 e, de cara ao 2030, só se contempla a supresión de pasos a nivel. Tampouco se contemplan prazos de execución nin fondos para a A-76 Ponferrada-Monforte-Ourense nin sequera foron referidas na presentación do Plan Director.

“Ante a falta de impulso das novas autovías e a inexistencia dun programa de mantemento das estradas xa existentes é necesario que de inmediato se dea un trato xusto no que respecta ás vías de comunicación que transcorren pola provincia de Lugo e que atinxen tamén a cidade de Monforte de Lemos”, defenden.

ÚLTIMAS

Bóveda mellora a eficiencia enerxética en instalacións municipais

Acometéronse dúas actuacións diferenciadas. Por un lado, levouse a cabo a mellora da eficiencia...

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...