HomePolíticaO PP provincial esixe prazos para o arranxo da N-540

O PP provincial esixe prazos para o arranxo da N-540

Segundo os populares o Goberno de España elude contestar as preguntas formuladas polos deputados no Congreso da provincia de Lugo -Francisco Conde, Jaime De Olano e Cristina Abades e Ourense – Celso Delgado, Ana Belén Vázquez e Rosa Quintana-

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os populares preguntaban sobre a data efectiva de comezo e as obras executadas ata a data do contrato para a rehabilitación do firme da N-540 que, “moi probablemente eluden responder debido á escasa entidade dos parcheos executados. Tampouco compromete o Goberno a data na que estarán finalizadas a totalidade das obras na provincia de Lugo”.

Conde considera que “un prazo de 38 meses para a execución do contrato para o arranxo desta vía é inasumible -a pesar de que o Goberno rebaixou en marzo do 2024 o prazo ata os 18 meses-, un risco para a seguridade viaria dos condutores” toda vez que “se necesita unha actuación inmediata”.

Os populares manifestan que é inxustificable que a execución fora tan escasa cando as obras foran adxudicadas polo Ministerio de Transportes o 14 de febreiro de 2024 e formalizado previsiblemente o contrato coa adxudicataria en marzo do 2024. A N-540 a día de hoxe presenta un estado lamentable, o que motivou as moi xustificadas protestas nas últimas semanas en Chantada.

Os populares cren que “o Goberno do Estado debe dicir publicamente prazos concretos para o arranxo da estrada, sobre todo data de inicio, en lugar das escusas dadas ata o de agora, como que no inverno non fan obras”. Os deputados no Congreso aseguran que estarán moi pendentes e seguirán realizando o control parlamentario destas obras toda vez que a subdelegada do Goberno en Lugo declarou que as obras se reanudarán ao pasar a Semana Santa.

ÚLTIMAS

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...