HomePolíticaPor Chantada IGV apela á mobilización veciñal para deter o macroparque eólico...

Por Chantada IGV apela á mobilización veciñal para deter o macroparque eólico de Forcarei

O sábado, 14 de xuño, hai un acto informativo convocado pola plataforma veciñal Observatorio Enerxético Local no local social de Santa Uxía de Asma.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por Chantada – Interior Galego Vivo manifesta a súa oposición á construción dun macroparque eólico de tramitación estatal en Chantada. Afirman que o expediente está cheo de erros, “por exemplo localizando os muíños e parcelas de Ludeiro, a Lagoa ou Pereira no concello de Carballedo. Tampouco pediron a declaración de interese público co obxectivo de que as persoas proprietarias non se decaten desta primeira exposición e non aleguen”.

Explican que este macroproxecto vén desde Forcarei cunha vía de evacuación que seguirá ata Castrelo de Miño, “Un proxecto feito desde Madrid por empresas de capital especulativo e fondos de investimento que non ten en conta os lugares e as explotaciós da zona, contribuíndo ao proceso de baleiramento demográfico e comprometendo o sector primario e o turismo”.

Neste momento está aberto o período de alegaciós, tendo en conta que foi publicado no BOP o 2 de xuño, hai un mes para alegar. O sábado, 14 de xuño, hai un acto informativo convocado pola plataforma veciñal Observatorio Enerxético Local no local social de Santa Uxía de Asma.

“O Alto de Ramos e as parroquias de Vilaúxe, Pereira, Santa Uxía, Esmoriz e Bermún non poden ser territorios de sacrificio cando Chantada e Carballedo xa contribúen notabelmente á produción eléctrica cos encoros de Belesar e Peares ou co parque do Faro”, aseguran.

IGV lamenta a “complicidade dos alcaldes de Carballedo e Chantada que deberían estar informando á veciñanza” e conclúen, “con este e outros proxectos estase paseniño expopriando de facto a Terra que durante séculos traballamos as familias que hoxe, a pesar de todo, aínda habitamos o territorio”.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...