HomePolíticaO BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O Bloque Nacionalista Galego vén de rexistrar iniciativas nas Cortes do Estado para demandar ao Ministerio de Transportes actuacións para a mellora do firme e as labores de limpeza viaria na N-120A ao seu paso polo Concello de Pantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de limpeza das marxes para garantir a seguranza de peóns e ciclistas, así como axuda indispensábel para previr a propagación de incendios forestais agora que dan comezo os meses estivais.

A N-120A ten sido obxecto de diversas iniciativas por parte do BNG polo grave estado de deterioro e o total abandono por parte da carteira ministerial responsábel do seu mantemento, “o firme está completamente estragado e, nas marxes, a maleza invade os carrís de circulación chegando a cubrir totalmente as beiravías”.

“É necesario atender á reparación integral desta estrada, que é a principal vía de comunicación para a veciñanza do Concello de Pantón sobre todo para as persoas que viven nas parroquias de Santo Estevo de Atán e Santo André de Següín” reclama o deputado nacionalista no Congreso.

A organización nacionalista tamén defende a necesidade de que o Ministerio de Transportes leve a cabo unha limpeza nas marxes e cunetas da estrada. “Os labores de limpeza son esenciais para asegurar o paso de peóns e ciclistas ademais de axudar a previr a propagación de incendios forestais agora que dan comezo os meses estivais” reitera Néstor Rego

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...