HomePolíticaOs socialistas de Sarria esixen devolver á veciñanza os cartos cobrados polo...

Os socialistas de Sarria esixen devolver á veciñanza os cartos cobrados polo “catastrazo”

Para Escontrela, "é o momento de pasar das palabras aos feitos. Hai unha sentenza firme, froito da loita cidadá e dun traballo incansable, e o Concello ten a obriga moral e política de poñerse á carón das veciñas e veciños e garantir que se fagan efectivas as devolución canto antes".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Grupo Municipal Socialista de Sarria leva ao pleno municipal deste 31 de xullo unha moción para que a Corporación inste ao Catastro a non recorrer a sentenza do TSXG que anulou o coñecido como “catastrazo” e a que se proceda de inmediato á devolución dos cartos cobrados indebidamente a centos de veciñas e veciños do municipio.

A iniciativa socialista chega apenas uns días despois de coñecerse que o TSXG estimou as tres demandas colectivas impulsadas pola Plataforma de Afectados polo IBI de Sarria. O TSXG declarou nulo o proceso polo que se reclasificaron centos de parcelas como solo urbano, obrigando aos propietarios a asumir un incremento inxustificado deste imposto.

Durante case tres anos, a Plataforma de Afectados polo IBI, liderada polo voceiro socialista Benjamín Escontrela, organizou a resposta cidadá fronte ao “catastrazo, ante a pasividade e o absoluto desentendemento do alcalde. A pesar das advertencias recibidas xa en 2019, Garrido optou por non actuar, desprezou as primeiras sentenzas favorables noutros concellos, ignorou os acordos plenarios aprobados en Sarria e chegou incluso a boicotear o labor da Plataforma, lanzando acusacións públicas contra unha veciñanza que só reclamaba xustiza”, aseguran.

O PsdeG destaca que a resolución do TSXG, ademais de anular o procedemento por non axustarse a dereito, representa un precedente xurídico de gran relevancia, ao tratarse dunha das primeiras demandas colectivas estimadas polo alto tribunal galego en materia catastral. Para os socialistas, “é fundamental que o Concello actúe con responsabilidade institucional e axilidade, respectando a sentenza e facilitando que se restitúan os dereitos vulnerados á veciñanza”.

A moción, que se debaterá mañá no Pleno municipal, inclúe a petición de que o Concello dea difusión á sentenza e aos seus efectos, co fin de que todas as persoas afectadas poidan beneficiarse da resolución. “Garrido non só mirou cara outro lado, senón que se dedicou a entorpecer, desacreditar e atacar aos veciños que defendían os seus dereitos. Agora ten a obriga de rectificar, cumprir os acordos plenarios e respectar a sentenza”, conclúe Escontrela.

ÚLTIMAS

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...