HomePolíticaO PSdeG de Sarria esixe explicacións polo peche do Matadoiro Municipal

O PSdeG de Sarria esixe explicacións polo peche do Matadoiro Municipal

O PSdeG-PSOE de Sarria denuncia que o matadoiro municipal permanece pechado sen ningunha explicación por parte do alcalde, Claudio Garrido, e reclama información urxente e detallada sobre esta situación

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A formación socialista alerta de que non houbo ningunha explicación pública sobre o motivo do peche, que afecta directamente a gandeiros, carniceiros e á economía da vila. “Só sabemos que o matadoiro está pechado. Non se nos comunicou nada, nin en pleno nin por ningunha outra vía. Se se pecha unha instalación pública, o mínimo é dar explicacións á cidadanía”, afirma o voceiro socialista, Benjamín Escontrela.

Os socialistas sinalan que, entre os rumores que circulan, fálase dunha posible avaría na caldeira, a mesma escusa empregada no pasado, ou dun suposto permiso vacacional ao persoal. “Pero todo son especulacións. O que reclamamos é transparencia, responsabilidade institucional e un mínimo de cortesía democrática”, subliña Escontrela.

O PSdeG advirte do grave impacto económico e social que implica este peche, especialmente nestas semanas de verán nas que Sarria duplica ou triplica a súa poboación pola chegada de visitantes.

Apuntan que a súa preocupación medra despois de que a Consellería do Medio Rural anunciara, no mes de novembro, unha reunión co Concello na que se ofreceu apoio económico para manter o servizo municipal. “A documentación, polo que sabemos, foi enviada recentemente polo Concello, pero descoñecemos en que punto se atopa a tramitación”, engaden.

Os socialistas insisten en que o matadoiro debe seguir sendo de xestión pública e esixen ao alcalde que ofreza explicacións inmediatas. “Se continúa este intolerable silencio, iniciaremos todas as vías necesarias para reclamar a súa reapertura. Xa estamos en contacto co BNG e o PP para solicitar de forma conxunta a celebración dun pleno extraordinario que obrigue ao goberno a dar conta do que está a ocorrer”, conclúe Escontrela.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...