HomePolíticaO PP pide ao Goberno que garanta o acceso a internet e...

O PP pide ao Goberno que garanta o acceso a internet e a cobertura telefónica na comarca de Quiroga

Os senadores do Partido Popular de Lugo -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- veñen de presentar diferentes iniciativas nas Cortes Xerais co obxecto de reclamar ao Goberno de Pedro Sánchez que resolva as deficiencias que existen en materia de conectividade na comarca de Quiroga

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os populares instan ao Ministerio e ao Executivo estatal “a que deixe de ignorar as súas competencias” e garanta o acceso a Internet ao longo do territorio galego, así como a cobertura telefónica en condicións de calidade, con solucións técnicas que atendan ás complexas características orográficas e poboacionais destes municipios rurais e montañosos.

Explican que nos últimos meses as queixas da veciñanza de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel non deixan de multiplicarse ante o mal funcionamento do servizo telefónico e o insuficiente despregue da fibra óptica. Existen territorios practicamente illados e fronte aos que “o Goberno de Sánchez non sabe ou non quere ofrecer solucións”.

Os senadores din que estes problemas repercuten de forma negativa aos veciños e lastran significativamente o desenvolvemento económico, a actividade laboral, comercial e industrial destes municipios. De feito, cada vez se reportan máis problemas de cobertura á hora de establecer unha chamada desde un dispositivo móbil ou simplemente para conectarse a internet desde eses mesmos aparellos. Como é lóxico, estes inconvenientes supoñen tamén unha limitación para particulares, estudantes e negocios que utilizan a conexión de datos para as súas actividades diarias.

Desde o PP lembran que o Goberno de España e, en particular o Ministerio para a Transformación Dixital, é a única autoridade con competencia en todo o relativo ás conexións a Internet e telefonía móbil, pero ademais conta con fondos suficientes, “o Programa ÚNICO que pon a disposición do Ministerio un financiamento de máis de 4.300 millóns de euros precisamente para universalizar as infraestruturas dixitais e a cohesión territorial”.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará...

A Conselleira de Medio Rural presenta en Matacás a nova convocatoria de axudas para manter a paisaxe na Ribeira Sacra

No miradoiro das Penas de Matacás, en Castro Caldelas, a Conselleira Maria José Gómez...