HomePolíticaFalece aos 65 anos, Ricardo Rodicio, tte de alcalde na Pobra do...

Falece aos 65 anos, Ricardo Rodicio, tte de alcalde na Pobra do Brollón

Acompañaba ao alcalde, Xosé Lois Maceda, desde o 2011, coa primeira maioría absoluta do BNG no Concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ricardo Rodicio falecía este sábado, 23 de agosto, despois dunha grave enfermidade. Tiña 65 anos e deixa muller e unha filla. O que foi tamén responsable comarcal do BNG no sur da provincia será enterrado esta tarde na parroquia de Santa Tegra, no municipio de Castro Caldelas, de onde el era orixinario.

Mentres o Concello da Pobra do Brollón, o BNG e amigos e familiares lamentan esta perda como explica o rexedor local; “Fondo pesar polo pasamento dun compañeiro que dedicou a súa vida á política e ao servizo público, tamén, até 2019, como responsábel comarcal do BNG”.

O pai de Rodicio, Santos Rodicio, tamén finaba este ano, era o último danzante orixinal da “danza branca” de Santa Tegra, danza que fora prohibida durante o franquismo nos primeiros anos 50 e recuperada pola veciñanza a finais dos 80. Ricardo Rodicio seguía moi vinculado á tradición que seu pai adaptou e modernizou, a través da Asociación Cultural Cocas e Danzantes de Castro Caldelas.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...