HomePolíticaO PP pídelle á Deputación reparto igualitario dos fondos

O PP pídelle á Deputación reparto igualitario dos fondos

Os deputados populares veñen de reunirse con alcaldes e voceiros do PP na zona sur da provincia, nas xuntanzas que celebran con representantes de todos os concellos da provincia para recoller as necesidades que hai nos diferentes municipios e elaborar as aportacións aos orzamentos da Deputación do vindeiro ano

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No documento que se elaborará coas achegas que realicen os representantes do PP de todos os concellos incluirán a necesidade de que a Deputación colabore de forma igualitaria con todos os concellos da provincia “xa que o reparto de fondos que realiza José Tomé, vía convenio cada venres a porta pechada, unicamente cos municipios da súa cor política o único que consegue é aumentar as desigualdades entre os diferentes municipios”, aseguran.

Outra reclamación común dos concellos é a “nefasta situación das estradas provinciais, o abandono de tantos anos desta rede que vertebra todos os municipios da provincia en vías perigosas para a circulación xa que nin se reparan as fochancas, nin se instalan elementos que garantan a seguridade nin se desbrozan”

Nesta Nesta primeira xuntanza, ademais dos deputados Antonio Ameijide, Luis Fernández e José Pardo, tamén estiveron presentes representantes de Carballedo, Antas de Ulla, Bóveda, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao e Taboada.

ÚLTIMAS

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...

Do 28 ao 5 de decembro, XVI Concurso de Tapas de Guimaralia

Participarán no concurso cinco locais: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O...

‘Muller e saúde mental’, xornada de sensibilización no Ateneo Casino de Monforte

O vindeiro venres, o proxecto Comunidade Viva: Redes de Apoio, convida a participar nunha...