HomePolíticaO PP pide no Senado rehabilitar os inmobles baleiros de Adif na...

O PP pide no Senado rehabilitar os inmobles baleiros de Adif na provincia para ofrecer vivenda

Os senadores populares cren que “estas propiedades, unha vez acondicionadas, poderían destinarse a satisfacer a demanda de vivenda a prezos accesibles”. Algunhas delas atópanse en Monforte de Lemos onde os populares anunciaron a iniciativa xunto á portavoz, Katy Varela, e outros representantes do PP local.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os senadores do PP pola provincia de Lugo -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- defenderán ante a Comisión de Transporte y Movilidad Sostible do Senado unha moción que insta o Goberno de Sánchez a acondicionar inmobles de propiedade pública que se atopan actualmente baleiros ou infrautilizados na provincia para destinalos ao alugueiro de vivendas a prezos accesibles.

A proposta, “que dá resposta á crecente preocupación da sociedade española pola dificultade de acceder a unha vivenda a prezos razoables, céntrase nos numerosos inmobles dos que dispón Adif na provincia, 158 dos que 100 se atopan baleiros -incluíndo 36 vivendas en estado deficiente, 28 en estado regular e 10 en estado ruinoso-.”

A portavoz do PP de Monforte, Katy Varela, lembrou que “a vivenda é un dos problemas que ten a xente nova. E xente nova é o que precisamos na provincia e tamén en Monforte onde, precisamente, Adif ten un edificio con tres pisos baleiros”. Polo tanto, “é unha gran oportunidade para reformar estas instalacións e dirixilas ao parque público de vivendas”.

Segundo APC ESPAÑA, sería necesario construír entre 120.000 e 150.000 vivendas ao ano para atender a actual demanda existente. É máis, diferentes estudios elevan esa cifra a 1,2 millóns de vivendas necesarias para o 2030. “Para moderar os prezos do mercado inmobiliario sería necesario incrementar a oferta tanto en réxime de alugueiro como en propiedade”, aseguran.

A moción será debatida na Comisión de Transporte y Movilidad Sostible, onde os populares agardan o apoio de todos os grupos parlamentarios comprometidos coa resolución desta cuestión fundamental para a sociedade española.

ÚLTIMAS

Claudio, da cadea Gadisa, desembarca en Quiroga

O establecemento franquiciado, do grupo GADISA, ten unha sala de vendas de 400 m2,...

A estrada provincial que dá acceso ao lugar de Quinteliña, en Chantada, para a ser municipal

O presidente da Deputación destacou que con este acordo se dá resposta a unha...

A DGT estrea no Multiusos a aula informatizada para a realización dos exames teóricos de conducir

A instalación atópase no Edificio Multiusos e está equipada con 20 ordenadores de pantalla...

Os orzamentos de Monforte para o 2026 “superan os 18M€ e poñen o foco nas persoas”

No repaso das cifras económicas, José Tomé detallou que “a previsión de ingresos e...