HomePolíticaO PP de Monforte asegura que os presupostos do concello "son continuistas...

O PP de Monforte asegura que os presupostos do concello “son continuistas e non responden á realidade”

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte veñen de realizar unha primeira análise aos orzamentos presentados por José Tomé, unhas contas que, "confirman o continuísmo e a falta de ambición do goberno local."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que “volvemos ter diante o de sempre: un documento sen proxecto de cidade, con moi pouco investimento real e centrado case exclusivamente en botar asfalto”.

Katy Varela explica que os orzamentos manteñen “a liña de promesas, titulares e propaganda á que xa nos ten acostumados José Tomé”, e sinala que chama a atención a previsión de ingresos por multas, que acada novamente unha cifra “desproporcionada” de 650.000€.

“Esta cifra volve evidenciar un afán recadatorio excesivo. Tomé prefire ter á Policía Local dedicándose a multar en lugar de realizar outras tarefas máis útiles e produtivas para a veciñanza de Monforte”, lamentou.

En canto aos gastos aseguran que, “o documento amosa que o 31% corresponde a gastos de persoal, unha cifra que non inclúe o custo dos servizos externalizados. Son 5.780.457€.” Engaden que o 54% do orzamento destínase a gastos correntes: mantemento de servizos, recollida de lixo, servizos sociais, subministro de auga, deportes ou mantemento de edificios públicos, “Todo indica que temos un Concello que está asumindo gastos que pode que lle resulte difícil soster a medio prazo”, advertiu.

No que atinxe ao capítulo de investimentos, a portavoz popular destoriaca que continúa a ser “moi escaso”, con apenas 592.000€, dos cales un 3,20% é para seguir asfaltando rúas. “Botamos en falta investimentos estratéxicos e a planificación que Monforte necesita para avanzar”, engadiu.

Unha das maiores eivas, que sinalan os populares, é a ausencia de investimentos en abastecemento e saneamento, “Seguen a consignar pequenas cantidades orzamentarias en convenios, como coa CHMS que xa tiñas que estar concluído pero que nunca acaba de executarse. Mentres tanto, os problemas de abastecemento e saneamento seguen sen resolverse”. Katy Varela tamén afea a Tomé que presuma de contar uns orzamentos sociais cando “a maior parte das actuacións neste eido son financiadas polo goberno autonómico”.

ÚLTIMAS

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...