HomePolíticaO BNG de Monforte pedirá no pleno que o concello asuma o...

O BNG de Monforte pedirá no pleno que o concello asuma o Plan Madruga

O BNG de Monforte presenta ao pleno deste luns unha proposta para que o Concello poña en marcha e financie o Plan Madruga, un servizo para as familias que necesitan deixar ás súas fillas e fillos atendidos antes do inicio das clases.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o BNG lembran que este recurso funciona con normalidade en numerosos concellos da contorna, e que Monforte non pode continuar sen ofrecer unha ferramenta básica para a conciliación. O responsable local do BNG, Manuel Luaces, subliña que a necesidade é evidente e que o Concello dispón de recursos máis que suficientes para asumila, “O Plan Madruga é hoxe unha demanda clara de moitas familias de Monforte. Non estamos falando dun servizo caro nin complexo. Sabemos que hai recursos para poñelo en marcha, porque o Concello está a levar a cabo actuacións moito máis custosas, como a nova fonte do Parque dos Condes. Comparado con iso, este programa ten un custe insignificante e unha utilidade social enorme”.

Luaces insiste en que a conciliación non pode seguir recaendo exclusivamente nas ANPAS, “Outros concellos xa asumiron este servizo porque entenden que é unha obriga institucional. O que pedimos é que Monforte deixe de mirar para outro lado e actúe con responsabilidade”.

O BNG considera inaceptable que, mentres se destinan fondos a proxectos ornamentais, as necesidades reais das familias sigan pendentes, “O Concello leva anos repetindo que aposta pola conciliación, pero na práctica as familias seguen tendo que buscar alternativas pola súa conta. É momento de priorizar o que realmente importa: garantir que quen comeza a traballar cedo teña un servizo fiable onde as súas fillas e fillos poidan estar atendidos”.

Por todo isto, o BNG solicitará que o Plan Madruga se active a partir do próximo curso escolar, coordinándose cos centros educativos e coas ANPAS para asegurar un servizo estable, accesible e adaptado ás necesidades das familias monfortinas

ÚLTIMAS

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...