HomePolíticaA Deputación asegura que os catamaráns navegaron con todos os permisos necesarios

A Deputación asegura que os catamaráns navegaron con todos os permisos necesarios

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde quere que o PP rectifique ou asegura que acudirá á Xustiza.

Publicado o

- Advertisement -

Cos seguros de 2018, permisos de navegabilidade do 2018 e ITBs con vixencia dende 2018 e ata 2021 na man, Eduardo Vidal acusou ao PP de mentir e calumniar e pediulle que rectifique “por todo o dano ocasionado” ou acode á xustiza. Sae así ao paso das denuncias feitas polo PP despois do pasado pleno provincial, sobre o servizo de catamaráns.

Segundo Vidal, o Partido Popular está a danar a imaxe e o valor do servizo de catamaráns, que atrae a numerosos visitantes á provincia, “á Ribeira Sacra en particular, a 60.000 persoas, como o fixo o ano pasado”, apunta.

Engade, ademáis, que as denuncias dos populares tamén fan que os usuarios dos catamaráns teñan dúbidas sobre a súa seguridade, “60.000 persoas ás que o Partido Popular lle fixo dubidar sobre a súa seguridade, ao igual que a todas as que teñan feito as súas reservas ou teñan intencións de viaxar nos cataramáns e visitar a Ribeira Sacra”.

Segundo Eduardo Vidal, as denuncias do PP son unha irresponsabilidade e fan dano á provincia, “van moito máis alá do dano ou desprestixio que lle poidan causar a miña persoa ou ao Goberno da Deputación. Agardo que o Partido Popular rectifique publicamente. Se non o fai, emprenderei todas as medidas legais posibles.

ÚLTIMAS

DOCE SONS: 12 concertos para 12 causas dinamizando a Comarca Quiroguesa

O 24 de xaneiro comeza un ciclo de 12 concertos anuais (DOCE Sons), un...

O Camiño de Inverno celebra 10 anos de oficialidade e presenta campaña promocional en Fitur

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, creada no 2018, para poñer en...

O PP de Monforte acusa a Tomé de “anuncios que non se concretan”

A voceira popular, Katy Varela, recorda que en decembro xa advertiran de atrasos e...

O programa Da Escola á Granxa optará ó Premio Aresa 2026

O programa cumpriu en 2025 catro edicións achegando a nenas e nenos de infantil...