HomePolítica“Esta é a forma que ten o PP de facer política, desprestixiar...

“Esta é a forma que ten o PP de facer política, desprestixiar ás persoas”, Darío Piñeiro, Alcalde de Láncara

O rexedor socialista saíu así ao paso das declaración feitas días atrás polo voceiro da formación popular no concello nas que afirmaba que este incumpría acordos notariais.

Publicado o

- Advertisement -

O Alcalde do Concello de Láncara, Darío Piñeiro López, subliñou o pasado día 13 de marzo que “nunca incumprín un acordo notarial. É unha mentira máis do señor Cubillas. Rétoo a que o demostre con documentos”.

Nas súas declaracións denunciou que “como alcalde non podo consentir que se manche a imaxe do Concello de Láncara e a miña propia con calumnias e mentiras que non teñen ningún fundamento. Esta é a forma que ten o Partido Popular de facer política, desprestixiar ás persoas, pero dende o PSOE non o imos a permitir. Que se poñan a traballar, de verdade, por Láncara e presenten iniciativas para mellorar o día a día dos nosos veciños e deixen de contaminar as institucións”.

Lembraba tamén o mandatario local que só asinou unha acta notarial nunha ocasión , e fíxoo porque a Xunta dicía ter investido 2 millóns de euros e non foi así, só se fixera achega por 1 millón. Daquela comprometeuse a dimitir se alguén demostraba que iso non era certo. Ao final ninguén puido demostrar nin probar que dicía mentira.

Noutra orde de cousas, Piñeiro anunciou o compromiso para que a empresa eólica sexa a que acondicione as estradas de Vilarín e Cortella. Os traballos, segundo dixo, comezarán de seguido e non suporán ningún gasto para as arcas municipais.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...